Que tal rapaces e rapazas?Como foi ese verán?Estando en Cangas,con tanta praia,seguro que xenial!!!
Pero xa me dixeron que o comezo cole foi diferente a outros anos.
Eu,o primeiro dia que cheguei,fun a biblioteca e quedeime de pedra!!!Un obreiro díxome que alí non estaba a biblioteca,que aquilo era UN COMEDOR!!!
Como o ano pasado fomos investigadores píxenme mans a obra,collín o casco,o caderno de campo,para ir tomando nota e a cámara de fotos.
Cando a atopei,o primeiro que fixen foi tomar boa nota para que esteades ao tanto do proceso.Aínda queda moito por facer.Pero non vos preocupedes,mantereivos informados e de seguro teremos,despois do Nadal,unha biblio FANTÁSTICA,CHEA DE LIBROS POR DESCUBRIR!!!
UN BICO MOI DOCE*
Comentarios
Publicar un comentario