Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2018

DOCUMENTÁNDONOS PARA CINEMA EN CURSO

O primeiro paso para realizar unha película é a fase de documentación. Observamos con moita atencióna nosa contorna,buscamos información na Biblioteca, preguntamos ás nosas familias, escoitamos aos nosos maiores… todo para chegar a un acordo sobre o tema do noso documental. Neste caso, tivemos unhas enriquecedoras charlas con Chus, unha antiga mestra do noso cole, e Petronila, unha interesante muller de Cangas cunha vida máis interesante aínda. Elas nos contaron moitas anécdotas e fixéronnos pasar uns momentos moi emotivos.