Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2011

UN CONTO EN INGLÉS....

... QUE A MAMÁ DE MARA QUIXO VIR CONTARNOS Á CLASE. SENCILLAMENTE, ESPECTACULAR!!!!. CARMEN PRESÉNTANOS O CONTO QUE ELIXIU XUNTO CON MARA. A HISTORIA PARECE QUE NOS VAI AMOSAR ALGÚN PROBLEMIÑA QUE DEBEREMOS DE RESOLVER E REFLEXIONAR... CARMEN CONTANDO A HISTORIA DE BLUE KANGARAOO. ENSINOUNOS UNHA CANCIÓN PARA ACOMPAÑAR A HISTORIA...MOI DIVERTIDO!!!. MARA E A SÚA NAI AGASALLARON A TODOS/AS OS NENOS/AS CUN DEBUXIÑO DO PROTAGONISTA E TAMÉN CUNHA PEGATINA. UN CONTIÑO QUE RECOMENDAMOS POLO TEMA TAN ESPECIAL QUE TRATA. GRACIÑAS A CARMEN POR PARTICIPAR NESTA INICIATIVA: OS NENOS QUEDARON ABRAIADOS E PARTICIPARON CON CANCIÓNS, RESPONDENDO A PREGUNTAS...

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011.

CON LOIA ACHEGÁMONOS PARA COÑECER O NOSO HOMENAXEADO: LOIS PEREIRO. OS PEQUES DE 3 ANOS, APORTARON ESTA IMAXE A MODO DE PRESENTACIÓN PARA A NOSA PEQUENA GALERÍA LITERARIA, QUE HOXE QUEREMOS PRESENTAR PARA CONMEMORAR.... DÍA DAS LETRAS GALEGAS. AUTORES/AS DA CLASE DE 5 ANOS. " INVESTIGAMOS" A VILA NATAL DE LOIS PEREIRO. DESCUBRIMOS COUSIÑAS MOI INTERESANTES QUE QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS... NA CLASE DE 1º ELABORARON UN POEMIÑA, ACOMPAÑADO DE ILUSTRACIÓN, SEGUINDO AS LIÑAS DUN POEMA DO HOMENAXEADO. LOIS VIAXA A DIFERENTES PAÍSES....COÑECE A SÚA VIDA E OBRA COS NENOS/AS DE 5º NO SEU BLOG: RIZANDO O RIZO.

RECIBIMOS UNHA MALETA DE POESÍA...

. ..E NA CLASE " AS FROITAS" QUIXEMOS OLLAR OS LIBROS QUE TRAÍA A MALETA, QUE POR PETICIÓN DA NOSA COORDINADORA MANDOU O CFR DE VIGO. ESTIVEMOS NA ALFOMBRA SENTADOS E CONTEMPLANDO VARIOS EXEMPLARES, ALGÚNS XA COÑECIDOS: " ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES..." . GUSTOUNOS MOITO ESTA MALETA. CANDELA FOI A ENCARGADA DE DEVOLVELA O SEU R INCÓN. ESTARÁ NO RECANTO DE RONI PARA QUE O NOSO COLE POIDA DESCUBRIR A POESÍA TAN ESPECIAL QUE GARDA ESTA MALETIÑA GRACIÑAS Ó CFR DE VIGO POLA SÚA ATENCIÓN. View all Get your own

O CONCURSO DE MARCAPÁXINAS .....

XA TEN GAÑADORA: ISABEL LORENZO DE 4 ANOS. PARECE QUE CAUTIVOU Ó XURADO CON ESTE SIMPÁTICO DESEÑO. TAMÉN HOUBO ALGUNHA SORPRESIÑA PARA OUTROS PARTICIPANTES. ¡NORABOA A TODOS/AS!. RONI ESTÁ ENCANTADO COS VOSOS TRABALLIÑOS. POR DETRÁS DO MESMO, PODEMOS LER UN PEQUENO PARÁGRAFO DUN POEMIÑA DE LOIS PEREIRO. HOMENAXEADO PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O SAPO ENCANTADO POR....

XAN. UN ARTISTA QUE CONVIDAMOS Ó NOSO COLE PARA QUE NOS AMOSASE A SÚA ARTE DE CONTAR HISTORIAS CON TÍTERES. ACOMPAÑADO DE MÚSICA COMEZA A SESIÓN. TODOS/AS MOI ATENTOS ESCOITAMOS ÓS PROTAGONISTAS. LETICIA " TODO NOTICIAS" ATÓPASE CUNHA MEIGA UN POCO MALA....ESTA MEIGA CÓNTALLE QUE ACABA DE FACER UN ENCANTAMENTO: CONVERTIU A UN FERMOSO PRÍNCIPE AZUL NUNHA RÁ POR NON QUERER CASAR CON ELA. O PRÍNCIPE ROBERTO CONVERTIDO EN RÁ. DENDE ENTÓN VIVE NUNHA CHARQUIÑA E COME MOSCAS COCIDAS, ASADAS, FRITIDAS....EMPEZA A ESTAR UN POUCO CANSA DESTA SITUACIÓN. DECIDE BUSCAR URXENTEMENTE UNHA RAÍÑA QUE O QUEIRA BICAR E ASÍ CONVERTIRSE DE NOVO NUN PRÍNCIPE AZUL. PERO NON LLE SERÁ NADA DOADO... O PRÍNCIPE ROBERTO PRESÉNTASE A LETICIA, XORNALISTA " TODO NOTICIAS" E CÓNTALLE O SEU ENCANTAMENTO. O NOSO QUERIDO PRÍNCIPE ATÓPASE COA RAÍÑA MARIANA E CÓNTALLE O SEU PROBLEMA. PRECISA UN BICO DE AMOR DUNHA FERMOSA PRINCESA PARA VOLVER A SER UN PRÍNCIPE AZUL. A RAÍÑA NON ESTÁ NADA CONVENCIDA:

SHEYLA CONTA...

... MIFFI AXUDA A SÚA NAI. UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS EN GALEGO QUE LEVAN A CABO ESTES NENOS/AS DE 1º. NORABOA POLA SÚA INICIATIVA!!!. "AS FROITAS" DE 5 ANOS MOI ATENTAS...¡ COMO NOS GUSTAN ESTES CONTIÑOS!. TRANSMITEN MOITO CON MOITÍSIMA MAXIA.

UNHA LÚA CON MOITA EMOCIÓN...

O NOSO CARTEL DE BENVIDA. PRESENTAMOS Á ASOCIACIÓN JUAN XXIII. A SÚA PROFE PRESÉNTANOS O CONTO" ¿A QUE SABE A LÚA?, QUE DE SEGUIDO VEREMOS REPRESENTADO DE FORMA MOI ESPECIAL. ATENTOS!!! OS ANIMAIS BAILAN Ó REDOR DA LÚA. OS ANIMAIS INTENTAN ACHEGARSE Á LÚA PARA PROBALA...¿A QUE SABERÁ? OS ANIMAIS SON REPRESENTADOS CON SONS DE DIFERENTES INSTRUMENTOS MUSICAIS... A LÚA XOGA COS ANIMAIS E CADA VEZ ALÓNXASE MÁIS. OS ANIMAIS QUEDARON PROFUNDAMENTE DORMIDOS. ...E O PEIXIÑO ACERCOUSE A LÚA.... OS NOSOS/AS NENOS/AS ABRAIADOS...AS SÚAS CARAS O DIN TODO: MOI, MOI EMOCIONANTE!!!. O NOSO AGRADECEMENTO POR PASAR UN MOMENTO CHEÍÑO DE EMOCIÓN. AMOSAMOS A NOSA SATISFACIÓN MEDIANTE APLAUSOS E UN AGASALLO PARA SABOREAR...UNHAS LAMBETADAS. A TODA A ASOCIACIÓN, MIL GRACIAS POR QUERER COMPARTIR CON NÓS ESTA EXPERIENCIA TAN ESPECIAL. ESPERAMOS CON MOITO CARIÑO A SÚA PRÓXIMA VISITA. MOITOS BICOS DE MEL.