Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta arte

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NA SALA DE ADICAM

A ASOCIACIÓN LOCAL ADICAM, CEDE A SÚA SALA DE USOS MÚLTIPLES DURANTE UNHA SEMANA, PARA QUE O NOSO ALUMNADO  POIDA LEVAR A CABO A INTERVENCIÓN ARTÍSTICA INSPIRADA NA OBRA DE YAYOI KUSAMA E ASÍ DAR COMO REMATADO O TERCEIRO OBRADOIRO DE ARTE DE INFANTIL. NEN@AS  E ADULTOS GOZARON DUNHA TARDE MOI ESPECIAL E CHEA DE COR, RECREANDO A OBRA DA ARTISTA XAPONESA YAYOI KUSAMA QUE LEVA POR TÍTULO OBLITERATION ROOM  (PREME PARA VER O VÍDEO)

DENDE A RÚA AO INFINITO

  "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" , un conto sobre a diversidade, foi o punto de partida deste obradoiro tan especial. E como de círculos vai a cousa..., continuamos con Yayoi Kusama, outro exemplo de diversidade.  Para achegar aos nenos/as a esta artista empregamos o libro "De aquí al infinito", que explica dun xeito moi sinxelo a vida e a obra desta artista xaponesa.

ISTO NON É UNHA CAIXA

Recibimos un paquete sorpresa de parte da nosa mascota Roni!! Despois de facernos mil preguntas descubrimos que Roni nos agasallou cun libro: "Isto non é unha caixa". A partires da súa lectura iniciamos o segundo obradoiro de arte de infantil. O mesmo que facía o coelliño no conto, xogamos a imaxinar que as caixas eran diferentes obxectos: coches, casas, robots,paquetes sorpresa,...Tamén xogamos a transformarnos nós mesmos en diferentes pesonaxes empregando un aparato moi especial: A Máquina Transformadora.  E como non, cada equipo inventou algo novo coa súa caixa.

FACENDO CAMIÑOS

No primero obradoiro de arte partimos da dramatización da historia da curtametraxe "Rita et cocodrile" (FIC Bueu 2019). Durante o proceso os nenos/as vivenciaron  e crearon liñas e camiños con diferentes materiais, finalizando coa elaboración dunha obra colectiva da corrente artística contemporánea Land-Art. Foi un agasallo dos nenos/as para os seus familiares que se elaborou e permaneceu, ata a intervención dos sucesivos grupos, no recentemente creado ESPAZO PARA FAMILIAS .