A partir da lectura do conto "Fiz, o coleccionista de medos", cada neno/a falou dos seus medos. Para organizar estes datos elaboraron unha grafica circular, primeiro vivenciárono co seu propio corpo e logo representárono nun mural.
Durante os recreos os alumnos/as de 6º curso organízanse por grupos para rexistrar o préstamo no programa Meiga e guiar aos máis pequenos na biblioteca para escoller o conto que levarán a casa.