Celebramos este ano o 200 aniversario do nacemento de Charles Robert Darwin (Shrewsbury, 12 febreiro 1809-19 abril 1882, Downe). Foi un naturalista inglés pai da teoría da evolución por selección natural descrita na súa obra a “ A orixe das especies”. Revolucionou o concepto que o ser humano ten de si mesmo e da súa relación coas demais especies do planeta ao establecer unha orixe común para todas elas. Debido a estas ideas revolucionarias para a época, foi moi criticado por diversos sectores da sociedade especialmente pola igrexa católica, pero o seu traballo tivo unha influencia decisiva sobre as ciencias da vida e da terra, e no pensamento moderno en xeral.
A TEORÍA DA EVOLUCIÓN A teoría da evolución propón a competencia e a aptitude como mecani smos evolutivos na idea da supervivencia dos máis aptos. A teoría establece que os distintos individuos non nacen coas mesmas características. Algunhas destas poden ser máis qu...