Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2021

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

OS PROXECTOS DE AULA DOS NENOS E NENAS DE 1º

  Este curso foron moitas as inquedanzas e curiosidades que nos levaron a indagar en varias temáticas no día a día na aula. Por iso, buscamos nos exemplares da nosa Biblioroni aqueles que necesitábamos para a búsqueda de información sobre obras de Arte( Kandinsky, Picasso, Andy Warhol...),  libros de Rosalía de Castro, de Xela Arias, exemplares sobre paxaros, a auga e glaciares...e un sinfín de libros de consulta que nos axudaron a descubrir datos interesantes, ilustracións para conversar e compartir.... Neste enlace compartimos os nosos proxectos para que se poida ollar como se levaron a cabo co apoio e emprego dos exemplares mencionados. https://drive.google.com/drive/folders/1dmS6mdx609s0eQwCmwruUGzhtTx9sSR1?usp=sharing

Así foron as sesións de Biblioteca dos nenos e nenas de 1º

Este curso estivemos convidados/as pola nosa querida mascota Roni, a gozar da nosa Biblio para descubrir este renovado espazo: os cambios de ambientes, mobiliario, lecturas, incorporación dunha zona de xogos de mesa así como, dun cambio de mirada cara unha nova forma de achegarnos ás lecturas . Aproveitamos estas sesións, para dinamizar os nosos momentos lectores, formación de usuarios e iniciarnos na búsqueda de información  para afondar no contido dos nosos proxectos.   Pasámolo xenial!!!! Neste enlace podedes ollar as nosas sesións que realizamos ao longo deste curso. https://drive.google.com/drive/folders/15pmsvZ5c-pgLkyurpKdBkvAurHqZVqJ5?usp=sharing