Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2013

UNHA MAMÁ CONTA...

As familias tamén nos axudaron coa celebración do DÍA DO LIBRO. Neste caso a mamá de Candela ,de 5º de Primaria, fíxonos un agasallo contándonos "EL FANTASMA DE CANTERVILLE" de Oscar Wilde. O contacontos realizouse na aula de 5º(aula ABALAR).Aquí vai unha mostra da sesión.                

TALLER DE MARCAPÁXINAS NA BIBLIOTECA

Seguindo coa celebración do Día do Libro,organizamos un taller de marcapáxinas.Durante dous días os nenos/as colorearon,recortaron e pegaron para crear uns marcapáxinas coas suas mascotas.Cada aula visitou a biblioteca durante unha sesión.  

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Hoxe e o longo de toda esta semana,con motivo do día do libro, celebramos no cole distintas actividades relacionadas coa lectura. Na 3ª sesión da mañá os neno/as de Infantil disfrutaron dun CONTACONTOS MOI ESPECIAL.Os rapaces e rapazas de 1ºESO do IES de Rodeira( moitos antigos alumn@s do cole) foron os protagonistas e puxéronlle moita MAXIA, ILUSIÓN e IMAXINACIÓN as historias que contaron. Na última sesión da mañá fixemos a nosa lectura do día dun xeito distinto.Todo o cole saliu o patio cun libro debaixo do brazo e buscou  libremente o lugar onde ler. Algúns elexiron a sombra dunha árbore A profe Celia leu moi ben acompañada Roni e Noa de 2º de Primaria leron xuntos Dani de 3º de Primaria leu en solitario Os profes tamén disfrutaron da lectura

UN AGASALLO MÁXICO

Hoxe na biblio do cole tivemos unha sorpresa chea de MAXIA , CARIÑO e DULZURA . Emma de primeiro de Primaria, nos regalou un libro moi especial para ela.Son os contos que o seu pai  contoulle durante anos antes de durmir.Ela mesma fixo as ilustracións. Dende a biblioteca  felicitámoste e Roni xa dixo que terá un lugar moi especial para o teu TESOURO!!!. Aquí tedes a Emma entregándolle a Roni o seu libro

ANXO MOURE E O CARBALLO CON BOTAS

Hoxe na biblio disfrutamos dun contacontos moi especial ,no que Anxo Moure nos acercou ás árbores,á natureza e á maxia dos libros. Aquí tedes algúns momentos da sesión. Anxo Moure amosounos unha fórmula máxica para facer voar a nosa imaxinación: árbores,música e contos. Os nen@s,os profes e Roni non perderon detalle. Adri,de 2ºde Primaria,foi por un momento un paxaro do bosque!!! Non somos nen@s, SOMOS ÁRBORES!!! Anxo Moure en pequeno!!!Non, é Pedro de 5º de Primaria

I EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: RONI NO ENTORNO

O SOÑO DE MATÍAS

HOXE NA BIBLIO DISFRUTAMOS DUN CONTACONTOS MOI ESPECIAL!!! Os nen@s de Infantil gozaron coa maxia dos contos e dos debuxos con que Marc nos sorprendeu. Sara,de 4 anos nos contou que aquel animal era un ELEFANTE TIGRE!!! Como vedes a Roni,a nosa mascota, encantáronlle as historias e non perdeu detalle.