Nunha bandexa presentamos o conto, que neste caso trouxo un neno da súa casa, con algúns elementos do conto: garabanzos, moedas, repolos en fieltro, o boi e o azafrán. Ó rematar a lectura do mesmo, pasaremos por turnos as moedas para miralas: tamaño, os números que aparecen identificar a que aparece no conto… Tocamos os grabanzos, os repolos…. Presentamos o azafrán e conversamos de si saben o que é, para que serve, a cor….. Collemos un bote de cristal cun pouco de auga e botamos o azafrán. Observamos e removemos o bote, comprobamos que a auga pasa a ser laranxa, “logo o azafrán é laranxa”, dixeron. Pasamos o bote por turnos para que o miren con coidado, para ulir… Pasamos a auga a unha botelliña que pecharemos para que poidan collela e manipulala no momento que desexen. Esta nova recreación do conto estará estes días na aula para que lean o conto, recreen a historia, manipulen os elementos….as moedas as cambiaremos por unas de papel.