Saltar ao contido principal

GRABANCIÑO VISITA OS ALUMNOS DE 3 ANOS



Nunha bandexa presentamos o conto, que neste caso trouxo un neno da súa casa, con algúns elementos do conto: garabanzos, moedas, repolos en fieltro, o boi e o azafrán.
Ó rematar a lectura do mesmo, pasaremos por turnos as moedas para miralas: tamaño, os números que aparecen identificar a que aparece no conto… Tocamos os grabanzos, os repolos…. Presentamos o azafrán e conversamos de si saben o que é, para que serve, a cor…..

Collemos un bote de cristal cun pouco de auga e botamos o azafrán. Observamos e removemos o bote, comprobamos que a auga pasa a ser laranxa, “logo o azafrán é laranxa”, dixeron. Pasamos o bote por turnos para que o miren con coidado, para ulir…
Pasamos a auga a unha botelliña que pecharemos para que poidan collela e manipulala no momento que desexen.
Esta nova recreación do conto estará estes días na aula para que lean o conto, recreen a historia, manipulen os elementos….as moedas as cambiaremos por unas de papel.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.  ...

Así foron as sesións de Biblioteca dos nenos e nenas de 1º

Este curso estivemos convidados/as pola nosa querida mascota Roni, a gozar da nosa Biblio para descubrir este renovado espazo: os cambios de ambientes, mobiliario, lecturas, incorporación dunha zona de xogos de mesa así como, dun cambio de mirada cara unha nova forma de achegarnos ás lecturas . Aproveitamos estas sesións, para dinamizar os nosos momentos lectores, formación de usuarios e iniciarnos na búsqueda de información  para afondar no contido dos nosos proxectos.   Pasámolo xenial!!!! Neste enlace podedes ollar as nosas sesións que realizamos ao longo deste curso. https://drive.google.com/drive/folders/15pmsvZ5c-pgLkyurpKdBkvAurHqZVqJ5?usp=sharing