Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2009

¿Onde está o navío de Darwin?

Un grupo de científicos atópase preto de coñecer o punto exacto do naufraxio do Beagle, embarcación na que Charles Darwin iniciou as súas teorías da evolución. Con este navío, Darwin percorreu gran parte de América e fixo unha expedición entre 1831 e 1836 ao mando do capitán Robert Fitzroy. Esta experiencia influíu no desenvolvemento das súas ideas sobre a evolución e na publicación da súa obra “A Orixe das Especies” en 1859. O Beagle é considerado un dos barcos máis importantes da historia da ciencia, aínda que non se levaron a cabo inves tigacións sobre el durante un século. De 1820 a 1823 estivo no asteleiro real de Woolwich, despois foi reacondicionado como buque de investigación hidrográfica. Isto levoulle a dar a volta ao mundo en 2 ocasións. O buque foi retirado en 1840, aínda que máis tarde foi empregado polo servizo de gardacostas para actividades contra o contrabando. Cara a 1875 perdeuse a pista do gran nav ío. Viaxe do Beagle etapa por etapa

ESTAMOS NO ANO DE DARWIN

Celebramos este ano o 200 aniversario do nacemento de Charles Robert Darwin (Shrewsbury, 12 febreiro 1809-19 abril 1882, Downe). Foi un naturalista inglés pai da teoría da evolución por selección natural descrita na súa obra a “ A orixe das especies”. Revolucionou o concepto que o ser humano ten de si mesmo e da súa relación coas demais especies do planeta ao establecer unha orixe común para todas elas. Debido a estas ideas revolucionarias para a época, foi moi criticado por diversos sectores da sociedade especialmente pola igrexa católica, pero o seu traballo tivo unha influencia decisiva sobre as ciencias da vida e da terra, e no pensamento moderno en xeral. A TEORÍA DA EVOLUCIÓN A teoría da evolución propón a competencia e a aptitude como mecani smos evolutivos na idea da supervivencia dos máis aptos. A teoría establece que os distintos individuos non nacen coas mesmas características. Algunhas destas poden ser máis qu