Celebramos este ano o 200 aniversario do nacemento de Charles Robert Darwin (Shrewsbury, 12 febreiro 1809-19 abril 1882, Downe).
Foi un naturalista inglés pai da teoría da evolución por selección natural descrita na súa obra a “A orixe das especies”. Revolucionou o concepto que o ser humano ten de si mesmo e da súa relación coas demais especies do planeta ao establecer unha orixe común para todas elas. Debido a estas ideas revolucionarias para a época, foi moi criticado por diversos sectores da sociedade especialmente pola igrexa católica, pero o seu traballo tivo unha influencia decisiva sobre as ciencias da vida e da terra, e no pensamento moderno en xeral.
A teoría da evolución propón a competencia e a aptitude como mecanismos evolutivos na idea da supervivencia dos máis aptos. A teoría establece que os distintos individuos non nacen coas mesmas características. Algunhas destas poden ser máis que as que herdan outros individuos (en termos de velocidade, e forza) o que fai que a longo prazo estes organismos teñan maiores probabilidades de supervivencia. Así, pouco a pouco a especie verase poboada por estes individuos e, que o teren maiores probabilidades de supervivencia teñen mais descendencia. E así sucesivamente ata que tódolos individuos novos da especie herden esas novas características. Neste punto ocorreu unha nova evolución na especie.
Existen variantes nesta teoría coñecida como Darwinismo.
Laura Bouza
Alba Francisco
Proba a facer este puzzle de Darwin a cores
O traballo de Laura e Alba gustame moito
ResponderEliminartamén gustoume moito o traballo de Laura e Alba
ResponderEliminarmoitas grazas e todo un prazer saber qe lles gustou perdoazme,son una das qe ou escribiu un forte abrazo bikos
ResponderEliminar