Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta OBRADOIROS INFANTIL

DESCUBRINDO A ROSALÍA DE CASTRO

Coincidindo co seu aniversario o 24 de febreiro, dende a nosa Biblio queremos recordar e rendir homenaxe a unha   das   Grandes da nosas Letras e da nosa Cultura Galega … ROSALÍA DE CASTRO

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NA SALA DE ADICAM

A ASOCIACIÓN LOCAL ADICAM, CEDE A SÚA SALA DE USOS MÚLTIPLES DURANTE UNHA SEMANA, PARA QUE O NOSO ALUMNADO  POIDA LEVAR A CABO A INTERVENCIÓN ARTÍSTICA INSPIRADA NA OBRA DE YAYOI KUSAMA E ASÍ DAR COMO REMATADO O TERCEIRO OBRADOIRO DE ARTE DE INFANTIL. NEN@AS  E ADULTOS GOZARON DUNHA TARDE MOI ESPECIAL E CHEA DE COR, RECREANDO A OBRA DA ARTISTA XAPONESA YAYOI KUSAMA QUE LEVA POR TÍTULO OBLITERATION ROOM  (PREME PARA VER O VÍDEO)

ROSA CARAMELO

  Os Obradoiros de Infantil seguen en marcha e dende Obradoiros Roni. Esta vez imos presentar o conto ROSA CARAMELO.

DENDE A RÚA AO INFINITO

  "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" , un conto sobre a diversidade, foi o punto de partida deste obradoiro tan especial. E como de círculos vai a cousa..., continuamos con Yayoi Kusama, outro exemplo de diversidade.  Para achegar aos nenos/as a esta artista empregamos o libro "De aquí al infinito", que explica dun xeito moi sinxelo a vida e a obra desta artista xaponesa.

ISTO NON É UNHA CAIXA

Recibimos un paquete sorpresa de parte da nosa mascota Roni!! Despois de facernos mil preguntas descubrimos que Roni nos agasallou cun libro: "Isto non é unha caixa". A partires da súa lectura iniciamos o segundo obradoiro de arte de infantil. O mesmo que facía o coelliño no conto, xogamos a imaxinar que as caixas eran diferentes obxectos: coches, casas, robots,paquetes sorpresa,...Tamén xogamos a transformarnos nós mesmos en diferentes pesonaxes empregando un aparato moi especial: A Máquina Transformadora.  E como non, cada equipo inventou algo novo coa súa caixa.

COÑECEMOS A RONI

 Co inicio deste novo curso en marcha, arrancan os Obradoiro de Infantil. Este ano cunha novidade porque poñemos en marcha o OBRADOIRO DE RONI.

FACENDO CAMIÑOS

No primero obradoiro de arte partimos da dramatización da historia da curtametraxe "Rita et cocodrile" (FIC Bueu 2019). Durante o proceso os nenos/as vivenciaron  e crearon liñas e camiños con diferentes materiais, finalizando coa elaboración dunha obra colectiva da corrente artística contemporánea Land-Art. Foi un agasallo dos nenos/as para os seus familiares que se elaborou e permaneceu, ata a intervención dos sucesivos grupos, no recentemente creado ESPAZO PARA FAMILIAS .