Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cartas de Roni

CARTA DE RONI

Ola rapaces e rapazas!!! Fixen unha visita a biblio para ver como avanzan as obras. Por iso vos escribo, para informarvos de que xa queda pouco para poder disfrutar dela. Para que teñades unha idea e saibades como vai ser, vos mando unha foto a toda cor. Eu estou moi ilusionado e incluso inquieto por vela acabada e poder recibirvos cos BRAZOS ABERTOS!!! Pronto nos veremos. BICOS DOCES*

CARTA DE RONI

Que tal rapaces e rapazas?Como foi ese verán?Estando en Cangas,con tanta praia,seguro que xenial!!! Pero xa me dixeron que o comezo cole foi diferente a outros anos. Eu,o primeiro dia que cheguei,fun a biblioteca e quedeime de pedra!!!Un obreiro díxome que alí non estaba a biblioteca,que aquilo era UN COMEDOR!!! Como o ano pasado fomos investigadores píxenme mans a obra,collín o casco,o caderno de campo,para ir tomando nota e a cámara de fotos. Cando a atopei,o primeiro que fixen foi tomar boa nota para que esteades ao tanto do proceso.Aínda queda moito por facer.Pero non vos preocupedes,mantereivos informados e de seguro teremos,despois do Nadal,unha biblio FANTÁSTICA,CHEA DE LIBROS POR DESCUBRIR!!! UN BICO MOI DOCE*