Este ano en A rúa celebramos unha semana do libro moi especial, ademáis dos apadriñamentos lectores e as actividades de cada clase, celebramos os catrocentos anos da morte de Cervantes, escritor de El Quijote de la Mancha.
Os nenos e nenas de 5º estiveron preparando contos da biblioteca para dinamizalos e contalos polas clases. Podes ver os resultados das súas lecturas, e ver os contos en vídeo que tamén temos na biblioteca, no seu blog .
Para os peques do cole que estamos a documentarnos no mundo das abellas para ir preparadiños á excursión que faremos o luns 18 á Apípolis( Pontevedra). O profe Xose con moita maestría presentounos a Melli, unha abelliña que nos contou cousiñas moi interesantes da súa familia e do seu traballo tan interesante na colmena.