Saltar ao contido principal

Semana do libro

   Este ano en A rúa celebramos unha semana do libro moi especial, ademáis dos apadriñamentos lectores e as actividades de cada clase, celebramos os catrocentos anos da morte de Cervantes, escritor de El Quijote de la Mancha.




   O luns na Hora de ler, léronse fragmentos de El Quijote en todas as aulas.


   O martes Roni foi o protagonista dunha sesión de cinema en directo a cargo de pais de alunmos de infantil que desfrutamos na nosa biblioteca. aquí tendes o vídeo da película e como se realizou:



  Os mestres Chus e Luís viñeron o mércores para falarnos da obra de Cervantes, ensinarnos traballos de antigos alumnos sobre este libro e lernos algún fragmento:





     O xoves as familias estaban invitadas a lernos adaptación de El Quijote:




   E o venres saímos ao patio e visitáronnos Don Quijote e Sancho Panza:





Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.  ...

OS PROXECTOS DE AULA DOS NENOS E NENAS DE 1º

  Este curso foron moitas as inquedanzas e curiosidades que nos levaron a indagar en varias temáticas no día a día na aula. Por iso, buscamos nos exemplares da nosa Biblioroni aqueles que necesitábamos para a búsqueda de información sobre obras de Arte( Kandinsky, Picasso, Andy Warhol...),  libros de Rosalía de Castro, de Xela Arias, exemplares sobre paxaros, a auga e glaciares...e un sinfín de libros de consulta que nos axudaron a descubrir datos interesantes, ilustracións para conversar e compartir.... Neste enlace compartimos os nosos proxectos para que se poida ollar como se levaron a cabo co apoio e emprego dos exemplares mencionados. https://drive.google.com/drive/folders/1dmS6mdx609s0eQwCmwruUGzhtTx9sSR1?usp=sharing