CARTA DE RONI
Ola nenas! Ola nenos! Son Roni! Estou seguro de que vos lembrades de min. Ah! é certo, os pequerrechos de tres anos ainda me coñecen pouco, pois para eles un saúdo especial. Despois dun verán de Praia, viaxes e xogos e de dous meses de curso non vos vin moito pola Biblioteca. Xa sei que non foi culpa vosa, que queriades vir , pero xa sabedes que de momento só podiades achegarvos a darme unha visita cos vosos titores. Peroooo… preparade esas orellas para escoitar a miña nova!!! A BIBLIOTECA ESTARÁ A VOSA DISPOSICIÓN NOS RECREOS!!! Si, escoitastedes ben, NOS RECREOS!!!! Pero só cando teñamos patio , claro!!! Podedes ler esa media horiña comigo, viaxar coas historias que gardan os libros, soñar que somos piratas, investigadores ou bruxas e por suposto levar libros para ler na vosa casa… Bicos para todos e todas e vinde pronto. O voso amiguiño, Roni.