Saltar ao contido principal

ULTIMAS NOVIDADES NA BIBLIOTECA

"O Porquiño"
Ed. Kalandraka.

O porquiño vivía no seu cortello, nunha granxa. Ao porquiño gustáballe comer, correr arredor do cortello e durmir. Pero o que máis lle gustaba era sentarse e estomballarse na lama. O granxeiro e a súa muller queríano moito ao porquiño. -Para nós, es o mellor porco do mundo -dicían.


A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade xorde da imaxinación de Arnold Lobel como outros relatos entrañables, sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como “Contos de ratiños” e “Sopa de rato”, publicados por KALANDRAKA. A súa obra caracterízase pola busca dos acentos personais, as emocións básicas e os ambientes cotiás. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de palabras esenciais, como a condición humana que tenta plasmar.

Báixate un pdf con máis información.


"Como facer un Cömic"
Ed.Faktoría de libros.

Lewis Trondheim e Sergio García alíanse neste álbum para
explicarlles aos lectores as claves da Novena Arte: como construir unha páxina, a composición das viñetas e a súa función narrativa, os tipos de planos, a descomposición do movemento, os criterios para escoller un bo enfoque das esceas, a forma dos ‘bocadillos’ ou ‘globos’ a través dos cales se amosan os diálogos entre os personaxes; tamén se expoñen os métodos para expresar sentimentos e emocións a través de onomatopeas e outros elementos gráficos, ou como plasmar o paso do tempo mediante recursos como o flash-back.
  • Temática: metodoloxía para aprender a debuxar cómic
  • Idade recomendada: dende 6 anos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.

O DÍA DE ROSALIA