Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto. " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar... Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña. " PROPÓÑOVOS QUE CADA UN DE VÓS ELABOREDES, COA AXUDA DE PAPI E/OU MAMI, UN MENÚ EQUILIBRADO ONDE TEÑA QUE HABER ALGÚN PROCESO DE COCCIÓN (NA