Seguimos coa nosa viaxe polos libros e neste caso faremos unha parada para coñecer a un escritor da nosa vila de Cangas, OLI. Os nenos na Biblio descubren , Pirata Pata de Lata. Gustoulles tanto que a súa profe non dubidou en decirlles que era un conto moi especial por tratarse dun escritor moi coñecido por todos nós. Comezamos a indagar buscando información na web... Como se aprecia na imaxe, facilmente identifican a portada do conto mencionado. Preguntámonos si terá máis libros....e comprobamos na pantalla máis portadas de contos. A mestra toma nota de catro exemplares que aparecen na web. Rapidamente os nenos din que hai que buscar na Biblio os libros anotados. Coas imaxes das portadas destes contos, os nenos intentan localizalos na Biblio....e chegan a descubrir outros rincóns que ata agora non accederan todavía. Con respeto a este último conto, será o que tomemos c...