Saltar ao contido principal

BUSCAMOS TESOUROS DE OLI.

Seguimos coa nosa viaxe polos libros e neste caso faremos unha parada para coñecer a un escritor da nosa vila de Cangas, OLI. Os nenos na Biblio descubren , Pirata Pata de Lata. 
Gustoulles tanto que a súa profe non dubidou en decirlles que era un conto moi especial por tratarse dun escritor moi coñecido por todos nós. Comezamos a indagar buscando información na web...
 
Como se aprecia na imaxe, facilmente identifican a portada do conto mencionado.
Preguntámonos si terá máis libros....e comprobamos na pantalla máis portadas de contos.
A mestra toma nota de catro exemplares que aparecen na web. Rapidamente os nenos din que hai que buscar na Biblio os libros anotados.

 











Coas imaxes das portadas destes contos, os nenos intentan localizalos na Biblio....e chegan a descubrir outros rincóns que ata agora non accederan todavía.
















Con respeto a este último conto, será o que tomemos como referencia para traballar a obra do escritor cangués.
Inicialmente, ilustramos ó protagonista e a toda a súa tripulación..






 pirata coa súa espada.







 o seu barco.










O noso Pirata Pata de Lata.....

unha composición que fixemos entre todos.

Seguimos indagando para saber máis do noso escritor cangués. A canle empregada é a web e descubrimos que traballa nun cole da nosa comarca do Morrazo, no seu tempo libre fai sesións de contacontos para os nenos, que o seu último libro é Os ratos da casa.
 
Sen apartar a mirada da pantalla, imos facerlle unhas caricaturas.










 Trazo a trazo conseguimos ter algunha imaxe de Oli.

 







En breve publicaremos unha entrada na que amosaremos unha búsqueda dos tesouros de Oli no ximnasio que fixemos en coordinación coa mestra de Psicomotricidade e adicando unha sesión con cada clase de Infantil.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

OS PROXECTOS DE AULA DOS NENOS E NENAS DE 1º

  Este curso foron moitas as inquedanzas e curiosidades que nos levaron a indagar en varias temáticas no día a día na aula. Por iso, buscamos nos exemplares da nosa Biblioroni aqueles que necesitábamos para a búsqueda de información sobre obras de Arte( Kandinsky, Picasso, Andy Warhol...),  libros de Rosalía de Castro, de Xela Arias, exemplares sobre paxaros, a auga e glaciares...e un sinfín de libros de consulta que nos axudaron a descubrir datos interesantes, ilustracións para conversar e compartir.... Neste enlace compartimos os nosos proxectos para que se poida ollar como se levaron a cabo co apoio e emprego dos exemplares mencionados. https://drive.google.com/drive/folders/1dmS6mdx609s0eQwCmwruUGzhtTx9sSR1?usp=sharing

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.  ...