Saltar ao contido principal

Publicacións

VIAXE A PREHISTORIA CON RONI

OS ALUMNOS DE INFANTIL VIAXAMOS COA NOSA MASCOTA RONI A PREHISTORIA, E ATOPAMOS DOUS LIBROS MOI ITERESANTES. REUNIMOS NA BIBLIO PARA LEELOS......  E AVERIGUAMOS COMO SE DESCUBRIU O LUME  NA PREHISTORIA ......E AS AVENTURAS DUN NENO PREHISTÓRICO , DÁNDONOS PISTAS DE COMO SE VIVÍA NA PREHISTORIA E QUE MATERIAIS EMPREGABAN OS NENOS PARA DEBUXAR.

PREMIO O PROXECTO "VIAXE POLO UNIVERSO"

OLA VIAXEIROS!    ESTOU CONTENTÍSIMO, TEÑO UNHA GRAN NOVA! A finais do curso pasado enviouse dende o centro o proxecto "Viaxe polo Universo" para participar no   Concurso  de Traballos por Proxectos ,   convocado pola Dirección Xeral de Centros e RRHH , no contexto do Plan LÍA de bibliotecas escolares  (Lectura, Información, Aprendizaxe) para   exp eriencias levadas a cabo durante o curso 2013/2014 PROXECTOS PREMIADOS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013/2014 VISITA O PROXECTO " VIAXE POLO UNIVERSO" REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA

COÑECEMOS A NOSA BIBLIO, COÑECEMOS A RONI

OS PEQUES DE 3 ANOS COMEZAMOS CON MOITA ILUSIÓN UNHA NOVA ETAPA.  TRAS VARIOS DÍAS DE ADAPTACIÓN E PRESENTACIÓNS, CARGAMOS PILAS PARA COMEZAR ESTA SINGULAR VIAXE CON MOITA ENERXÍA....  DESCUBRIMOS UN SITIO CON MOITA MAXIA.... A NOSA BIBLIO QUE ESTÁ MOI BEN COIDADA POR ALGUÉN MOI ESPECIAL, A NOSA MASCOTA RONI. UNHA VEZ DENTRO, OLLAMOS PARA TODOS OS LADOS PORQUE NOS IMPRESIONA VER A CANTIDADE DE CONTOS E LIBROS TAN BONITOS QUE HAI. PARA FORMAR PARTE DESTA BIBLIO NECESITAMOS DESCUBRIR MOITAS COUSIÑAS INTERESANTES; SABER CAL É O NOSO RINCÓN LECTOR E OS LIBROS QUE PODEMOS OLLAR....COMEZAMOS A FORMACIÓN DE USUARIOS... DESPOIS DAS PRESENTACIÓNS, COLOREAMOS A NOSA MASCOTA.  CO CARNET DE USUARIO DE RONI, FACEMOS ROMPECABEZAS. COA IMAXE DE RONI VIAXEIRO TAMÉN FIXEMOS ROMPECABEZAS. XOGAMOS E IMAXINAMOS QUE SOMOS LIBROS QUE VIAXAMOS POLA BIBLIO......Ó REMATAR A MÚSICA DEBEMOS DE COLOCARNOS CERCA DO ESTANTE DE LIBROS QUE A PRO...

ACTIVIDADE DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

ENTRE TODAS AS AULAS DO COLEXIO, DECORAMOS A BIBLIOTECA CON MOTIVOS RELACIONADOS O TEMA NUCLEO "OS VIAXES". EU ESTOU CONTENTÍSIMO..... A BIBLIO ESTÁ CHEA DE COR E MOITA IMAXINACIÓN VIAXEIRA.... ESPERO QUE VOS GUSTE.. PINCHADE  AQUÍ  PARA VER A PRESENTACIÓN DA SUA NOVA DECORACIÓN

RONI REUNE OS PROFES

Roni a mascota da biblioteca, convocou a tódolos profes a unha xuntanza para propoñerlles celebrar o  "Día da Biblioteca", co fin de difundir  a súa potencialidade como factor de calidade do ensino cunha chamada á realización de actividades que servisen para facer visible a biblioteca no centro. ACTIVIDADES BIBLIOTCA DE CANGAS Este curso o cole festexa este día convertíndo a nosa biblioteca nun espacio viaxeiro. Queredes ver o resultado? ............. Ollo piollo!

CARTA DE RONI

Cangas, 14 de outubro do 2014. Ola rapaces/as !!! Hai moito tempo que non escribo unha carta para falar con vós. O motivo é que necesito que me axudedes. Todos os anos montamos, no punto de lectura que temos na planta baixa, un rincón relacinado co tema núcleo. Como sabedes, este ano será un rincón viaxeiro, onde estarán todos os libros que temos na Biblio relacinados con este tema. Pois   esta é a miña petición. Se vos ocorre algún título ou lema para este rincón? Chegade a un consenso entre tod@s e cando o teñades o deixades no buzón de suxestións que hai na porta da Biblioteca. Sin máis, despídome. Un bibliosaúdo.Roni.