Saltar ao contido principal

Publicacións

Como vemos a Rosalía @s nen@s de 4º

  Despois de traballar e informarse sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, un grupo de nenos e nenas de 4º realizaron un power point para presentarnos os aspectos que lles pareceron máis interesantes.

Unha visita canina

  Como saberedes, os alumnos e alumnas de 5º e 6º teñen unha empresa cooperativa coa que fabricarán e venderán produtos elaborados por eles mesmos. Entre todos os socios decidiron que unha parte dos seus beneficios se adicaran a axudar a Protectora de animais do Morrazo. 

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

      Este mércores visitou a nosa biblio Paco Nogueiras. Nesta ocasión foron os alumnos/as de Educación Infantil os que asistiron á súa sesión de contacontos.

Celebramos o Día de Rosalía

  Hoxe fixemos unha homenaxe a Rosalía de Castro, xa que o día 24 coincide coa celebración de Entroido.

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIO DE RONI

Os alumnos/as de 1º levaron a cabo algunhas actividades relacionadas coa formación de usuarios.  Aproveitando a nova incorporación de varios nenos/as ao centro estanse a facer actividades que axuden a dar a coñecer a nosa biblioteca e a nosa mascota Roni,así como recordar as nosmas de utilización deste espazo tan importante para o noso cole. 

NA BIBLIO PINTAMOS E BAILAMOS CON SON DE PAZ

Grupos de nenos e nenas de diferentes idades crean obras de arte mentres bailan. Desta maneira celebramos no cole o Día da PAZ.

RONI PARTICIPA NA DECORACIÓN DE NADAL

O Concello de Cangas pediu a colaboración para decorar as rúas e prazas do pobo, e Roni tamén estivo presente.  Decidimos reutilizar as garrafas de auga, nas que se metían mensaxes ou dexesos emocionantes para o Nadal. Roni invitou a todos os usuarios a escribir títulos de libros que provocaran algunha emoción. Aquí están todas as garrafas que decoramos entre todo o cole.