Saltar ao contido principal

Publicacións

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

  Como en cursos anteriores,   o equipo de Dinamización xunto co de Biblioteca, puxo en marcha esta actividade. Os libros viaxan e saen da biblioteca do centro para visitar as casas das nosas familias. A nosa intención non é outra que as lecturas que consideramos importantes viaxen a cada casa e sexan acollidas nun ambiente de lectura en familia.

FORMACIÓN DE USUARIOS

Como xa ben comentamos en liñas anteriores, debido ós cambios que fixemos en canto a reorganización dos fondos faise necesario informar os nosos usuarios. Cos máis peques, fixemos un xogo: consiste en que eles mesmos se convirten en contos. Nós pegámoslles una pegatina identificativa tal e como levan os contos, e cando a música pare Terán que ubicarse no seu estante.

A galiña azul viaxeira

Esta é unha historia realizada conxuntamente por todos os grupos do CEIP A Rúa. Cada clase tiña que continuar a historia que lles deixaba o curso anterior e así crear un novo conto usando como referencia este personaxe de Carlos Casares.

UNHA POESÍA, UNHA ESTRELA

Os nenos/ as de 5º visitaron a sección de poesía da nosa Biblioteca e elixiron un poema para recitarlle ao resto dos compañeiros/as. 

As bruxas, Roald Dalh

  Este foi un dos libros escollidos polos titores de 5º e 6º para fomentar a lectura en galego no alumnado para este trimestre.    Pero non so nos quedamos coa súa divertida lectura, senón que buscamos información sobre Roald Dalh , un recoñecido escritor tanto en literatura adulta como en infantil, escritor de libros como Matilda, A maravillosa medicina de George, Iago e o pexego xigante, Charli e a fábrica de chocolate, O superraposo e moitos máis.

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

   Alumnos de 4º presentan os diferentes aparatos da función de nutrición.

A nosa versión das Laranxas máis laranxas de tódalas laranxas

Na BiblioRoni atopamos este libro de Casares e quixemos facer unha nova versión con marionetas feitas por nós. Gravámolo en video para compartilo con vós.