Saltar ao contido principal

Publicacións

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........
Publicacións recentes

OS PROXECTOS DE AULA DOS NENOS E NENAS DE 1º

  Este curso foron moitas as inquedanzas e curiosidades que nos levaron a indagar en varias temáticas no día a día na aula. Por iso, buscamos nos exemplares da nosa Biblioroni aqueles que necesitábamos para a búsqueda de información sobre obras de Arte( Kandinsky, Picasso, Andy Warhol...),  libros de Rosalía de Castro, de Xela Arias, exemplares sobre paxaros, a auga e glaciares...e un sinfín de libros de consulta que nos axudaron a descubrir datos interesantes, ilustracións para conversar e compartir.... Neste enlace compartimos os nosos proxectos para que se poida ollar como se levaron a cabo co apoio e emprego dos exemplares mencionados. https://drive.google.com/drive/folders/1dmS6mdx609s0eQwCmwruUGzhtTx9sSR1?usp=sharing

Así foron as sesións de Biblioteca dos nenos e nenas de 1º

Este curso estivemos convidados/as pola nosa querida mascota Roni, a gozar da nosa Biblio para descubrir este renovado espazo: os cambios de ambientes, mobiliario, lecturas, incorporación dunha zona de xogos de mesa así como, dun cambio de mirada cara unha nova forma de achegarnos ás lecturas . Aproveitamos estas sesións, para dinamizar os nosos momentos lectores, formación de usuarios e iniciarnos na búsqueda de información  para afondar no contido dos nosos proxectos.   Pasámolo xenial!!!! Neste enlace podedes ollar as nosas sesións que realizamos ao longo deste curso. https://drive.google.com/drive/folders/15pmsvZ5c-pgLkyurpKdBkvAurHqZVqJ5?usp=sharing

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.    " PROPÓÑOVOS QUE CADA UN DE VÓS ELABOREDES, COA AXUDA DE PAPI E/OU MAMI, UN MENÚ EQUILIBRADO ONDE TEÑA QUE HABER ALGÚN PROCESO DE COCCIÓN (NA

A RÚA DAS PALABRAS

BOS DÍAS NENOS! HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL! O DÍA DAS LETRAS GALEGAS! GRAZAS A TODOS POLAS VOSAS PALABRAS! QUEREDES VELAS! A RÚA DAS PALABRAS

RECOMENDACIÓN LECTORAS SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

ESTA SEMANA TAN ESPECIAL RONI QUERE FACERVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS PARA QUE VIAXECES E VOS NAMOREDES DA LITERATURA GALEGA. FELIZ SEMANA DAS LETRAS GALEGAS! RECOMENDACIÓNS LECTORAS