Saltar ao contido principal

Unha visita moi especial

O luns de ENTROIDO, o escritor cangués Oli veu á nosa Biblio para contarnos os seus contos. Recibímolo con moita alegría e cunha pequena exposición feita polos nenos/as, onde indagamos sobre a súa obra. Mención aparte merece "O PIRATA PATA DE LATA" sobre o que fixemos varias actividades.

Ademais démoslle unha pequena "sorpresiña pirata" que constaba dunha mensaxe dentro dunha botella, nela dábase unhas pistas para atopar un agasallo: o CONTO de RONI, feito polos alumnos e alumnas de A RÚA.


A expectación era máxima. Esperabamos ansiosos o que sairía da súa maleta máxica.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.  ...

OS PROXECTOS DE AULA DOS NENOS E NENAS DE 1º

  Este curso foron moitas as inquedanzas e curiosidades que nos levaron a indagar en varias temáticas no día a día na aula. Por iso, buscamos nos exemplares da nosa Biblioroni aqueles que necesitábamos para a búsqueda de información sobre obras de Arte( Kandinsky, Picasso, Andy Warhol...),  libros de Rosalía de Castro, de Xela Arias, exemplares sobre paxaros, a auga e glaciares...e un sinfín de libros de consulta que nos axudaron a descubrir datos interesantes, ilustracións para conversar e compartir.... Neste enlace compartimos os nosos proxectos para que se poida ollar como se levaron a cabo co apoio e emprego dos exemplares mencionados. https://drive.google.com/drive/folders/1dmS6mdx609s0eQwCmwruUGzhtTx9sSR1?usp=sharing