O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos.
Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans.
Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter.
Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte".
Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca.
Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e todas, "As pegadas de Roni".
Agradecemos a Laura que estivera connosco.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgXt1S8HbA1ZGp7hcGIwZ7eA9Uu4niHQI0R9m7ztQYniCQBqbfWnD5aYJsxZlnCuIyED1kvOA9cqzfu4sE2adQQ-VEf9KRRA7xc6IR9D0h3b_RFsvwl4AhGJfGlwNharxrc3QGjrVMQWqBU/s400/laurasaez_1.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOmYpNLaNhKGK3ODZr66HlUaqKZgthsQvxILBZRYxqawbCz5CDs4hPzrA3YmifRci3imJ9gup3MztZ4_2Qu2BsnlZR_GtE3jCLo8KzsSJ2tg8LcvLaYhpD24N51zhesUI6_kfjnenhxrIF/s400/laurasaez_4.jpg)
Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjxcUiBHfUAarMfJhhgygWc6Ls1QutJ5vzXm48WpQNqncZMxMAoUkjHBr_OVM3ut7pd6izIO38FVGScm2h2r-M-0iC5ph2FaIs5OfORmbn764_3zNIhZk9DZlUWSkEguR2puFKr73Zomf9q/s400/laurasaez_2.jpg)
Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e todas, "As pegadas de Roni".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjaeIg2xC35584X02GgmdndmgkAlr0SX4c-f8GfhOuX9nA3jyz9i2ce_eaAupoGhyphenhyphenZ1EI4VUhTS3E1WMCZgyRmZDTq6epW-_TolJkE2I4fb6n0pJnF1y2DT6XNyHVJbpTNpjSEMsbYjRYAR/s400/laurasaez_5.jpg)
Laura Sáez es una buenísima persona, espero volver a verla!!!
ResponderEliminarOla a todas e a todos!
ResponderEliminarMoitísimas grazas por convidarme, foi unha experiencia preciosa e moi divertida poder responder ás vosas preguntas e pasar unha mañá con vós.
Xa lin o conto d'as pegadas de Roni que me regalastes e teño que dicirvos que me parece un libro incrible, e os debuxos son unha marabilla.
Sodes uns artistas!
Un bico moi grande,
Laura