Saltar ao contido principal

SESIÓN CONTACONTOS...

TODOS MOI ATENTOS E PREPARADOS PARA QUE A SESIÓN COMECE.




DE SÚPETO APARECE O NOSO CONTACONTOS CUNHA CAIXA A MODO DE DADO QUE PARACE QUE TEN UNHAS ILUSTRACIÓNS...A VER QUE PASA!!!.


PRESENTOUNOS A ALBA, A PROTAGONISTA DESTE CONTO.

" A ALBA GUSTÁBALLE MOITO IR Á ESCOLA, COMER BOCADILLOS DE NOCILLA E MONTAR EN BICI. UN DÍA POLA MAÑÁ, COLLEU A SÚA BICI E FOI DAR UN PASEO POLOS ARREDORES DA SÚA CASA.



DECATOUSE DE QUE MOI PRETO HABÍA UNHA VELLIÑA QUE CHORABA DESCONSOLADA: PERDERA AS SÚAS AGULLAS DE FIAR E TODA A LÁ. DESTE XEITO, XA NON PODÍA TECER XERXEIS, GORROS E BUFANDAS PARA O INVERNO.
ALBA PROMETEU AXUDALA.
COA SÚA BICI FOI PEDINDO AXUDA A TODOS OS QUE ATOPABA POLO CAMIÑO.



ATOPOU UNS CANS. AXUDARO A VELLIÑA APORTANDO UNHAS CINTAS DE CORES E LÁ. A CAMBIO, OS CANS PEDÍAN COMIDA XA QUE TIÑAN MOITA FAME.



OS VECIÑOS, QUE TAMÉN AXUDARON A ALBA PARA QUE A VELLIÑA TIVESE UNS OVELOS DE LÁ.



OS NENOS/AS DRAMATIZANDO AS ESCEAS DO CONTO. A VERDADE E QUE SE METERON MOI BEN NO PAPEL!.




DE MANEIRA PARALELA Ó CONTO XORDE UNHA HISTORIA DE BIQUINGOS. COLABORAN NA MESMA, OS NOSOS NENOS/AS QUE CONSTRÚEN UN BARCO E NAVEGAN NA PROCURA DE AVENTURAS....



UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA: GUSTOUNOS MOITO PORQUE PARTICIPAMOS E RIMOS UN MONTÓN!!!. GRACIÑAS POR VIR O NOSOS COLE.

Comentarios

  1. O CAN DO CONTO NON SEI COMO NON ESTOUPOU CON TANTO QUE PAPOU.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.    " PROPÓÑOVOS QUE CADA UN DE VÓS ELABOREDES, COA AXUDA DE PAPI E/OU MAMI, UN MENÚ EQUILIBRADO ONDE TEÑA QUE HABER ALGÚN PROCESO DE COCCIÓN (NA

FACENDO CAMIÑOS

No primero obradoiro de arte partimos da dramatización da historia da curtametraxe "Rita et cocodrile" (FIC Bueu 2019). Durante o proceso os nenos/as vivenciaron  e crearon liñas e camiños con diferentes materiais, finalizando coa elaboración dunha obra colectiva da corrente artística contemporánea Land-Art. Foi un agasallo dos nenos/as para os seus familiares que se elaborou e permaneceu, ata a intervención dos sucesivos grupos, no recentemente creado ESPAZO PARA FAMILIAS .