Saltar ao contido principal

UN TOQUE DE COLOR....

EMPREGAMOS A COR VERMELLA PARA OS LIBROS DE 1º CICLO.

COR AZUL PARA OS PEQUES DE EDUC. INFANTIL.


COA COR VERDE SEÑALAMOS OS LIBROS DE 2º CICLO.

COR AMARELA PARA OS LIBROS DE 3º CICLO.


SECCIÓN DE POESÍA E TEATRO COA COR ROSA.

SEGUIMOS TRABALLANDO PARA QUE A NOSA BIBLIO ESTEA CADA VEZ MÁIS BONITA E PREPARADA PARA DARLLE USO.
NESTA OCASIÓN ETIQUETAMOS ESTANTES DA MESMA COR QUE TEÑEN OS LIBROS QUE ESTÁN AÍ COLOCADOS. AS CORES OBEDECEN AS QUE ESTÁN ESTABLECIDAS POLA CDU. COMO XA COMPROBAREDES, RONI TAMÉN SE VESTIU DA COR CORRESONDENTE EN CADA CASO. COMO UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS, ESPERAMOS QUE DESTE XEITO OS NENOS/AS NON TEÑAN PROBLEMAS Ó BUSCAR E COLOCAR OS LIBROS QUE LLE INTERESAN.

Comentarios

  1. Que nervios teño por estrenar a nova biblioteca, e descubrir as preciosidades dos libros.
    Ían

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.