Saltar ao contido principal

EXPRÉSATE CON MOITO AMOR!!!.

RONI ESTÁ PREPARADIÑO PARA LANZAR MOITO, MOITO AMOR!!!.









RONI QUIXO CONVIDAR A TODOS A QUE EXPRESASEN OS SEUS SENTIMENTOS E COLOCOU ESTE FANTÁSTICO BUZÓN PARA QUE DE MANEIRA ANÓNIMA SE POIDA ESCRIBIR E GARDAR NO CORAZÓN OS SENTIMENTOS SINCEROS QUE CADA UN TEN.  
 PUIDEMOS COMPROBAR POLO PESO....QUE HOUBO UNHA IMPORTANTE PARTICIPACIÓN!!!. 






 E COMO NON PODEN FALTAR OS CLÁSICOS....OS NENOS/AS DE 2º RECORDAN A HISTORIA DE AMOR ENTRE Dº QUIXOTE E DULCINEA. ELABORARON CARTIÑAS CHEÍÑAS DE SENTIMENTOS, INSPIRADAS NO GRAN AMOR QUE Dº QUIXOTE SENTÍA POLA SÚA AMADA.








OS ALUMNOS/AS DE 4º TRABALLARON O CONTO RATO SOLTEIRO DE OQO.







"RATO SOLTEIRO MOI, MOI NAMORADO ADICOUSE A ESCRIBIRLLE A SÚA AMADA..."









AS GOTIÑAS DE 1º PENSARON EN QUE RONI PRECISABA UNHA NOIVA...POIS AQUÍ PODEDES VER UNHA LISTA DE VARIAS CANDIDATAS...VERDADEIRAMENTE SORPRENDENTE. " CHÁMASE CLEO E GÚSTALLE COLLER FLORES, LER, PASEAR, MONTAR A CABALO, OS ANIMAIS, ESTUDAR, AS XOIAAS E DISFRAZARSE...
OS PEQUES DE 3 ANOS EXPRESAMOS O NOSO AMOR ELABORANDO UNHAS TARXETIÑAS REPRESENTANDO UNHAS CONSTELACIÓNS CON MOITO, MOITO AMOR...!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

OS PROXECTOS DE AULA DOS NENOS E NENAS DE 1º

  Este curso foron moitas as inquedanzas e curiosidades que nos levaron a indagar en varias temáticas no día a día na aula. Por iso, buscamos nos exemplares da nosa Biblioroni aqueles que necesitábamos para a búsqueda de información sobre obras de Arte( Kandinsky, Picasso, Andy Warhol...),  libros de Rosalía de Castro, de Xela Arias, exemplares sobre paxaros, a auga e glaciares...e un sinfín de libros de consulta que nos axudaron a descubrir datos interesantes, ilustracións para conversar e compartir.... Neste enlace compartimos os nosos proxectos para que se poida ollar como se levaron a cabo co apoio e emprego dos exemplares mencionados. https://drive.google.com/drive/folders/1dmS6mdx609s0eQwCmwruUGzhtTx9sSR1?usp=sharing

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.  ...