Saltar ao contido principal

OS PEQUES DE 3 ANOS INICIÁMONOS....

NA EDUCACIÓN DOCUMENTAL.....

NA AULA DECIDIMOS INVESTIGAR AS RÁS, DADO QUE A NOSA MASCOTA É UNHA RÁ.  INICIAMOS ASÍ UN NOVO PROXECTO NO QUE TAMÉN NOS INICIAMOS NO EIDO DA EDUCACIÓN DOCUMENTAL.

PRIMEIRO NA AULA, DESCUBRIMOS CALES SON OS COÑECEMENTOS PREVIOS DOS ALUMNOS. DESCUBRIMOS QUE SABEN QUE AS RÁS...

- SON VERDES, SALTAN E NADAN. TEÑEN DOUS OLLOS SALTÓNS E PATAS. COMEN MOSCAS E QUE FAN CROAC, CROAC!!!.

QUEREMOS SABER MÁIS...

- ONDE VIVEN, COMO NACEN...

PREGUNTAMOS ONDE TEREMOS QUE BUSCAR PARA ATOPAR TODA A INFORMACIÓN. OS PEQUES RESPONDEN:

- EN PAPEIS, LIBROS, ORDENADOR....


POIS CON GAÑAS DE DESCUBRIR COUSAS INTERESANTES, BUSCAMOS UN LIBRO NA BIBLIO DO COLE, "RECANTO DE RONI".



LEREMOS EN VARIAS SESIÓNS PARA BUSCAR  O QUE NECESITAMOS.

NA NOSA BIBLIO DE AULA TAMÉN ATOPAMOS OUTRO LIBRO QUE NOS PODE SERVIR.



ESTA INFORMACIÓN BIBLIOGRÁFICA, FOI COMPLETADA CO VISIONADO DUN VÍDEO QUE ATOPAMOS EN YOUTUBE SOBRE A VIDA DAS RÁS DENDE QUE NACEN ATA QUE SE CONVERTEN EN ADULTAS. ADEMÁIS TAMÉN NOS AMOSABA COMO UNHA PERSOA DECIDIU CONSTRUÍR UN ACUARIO NA SÚA CASA PARA RÁS.


FOMOS ANOTANDO OS DATOS DE INTERESE E POUCO A POUCO ELABORAMOS AS SEGUINTES LÁMINAS PARA RECOPILAR A INFORMACIÓN.






 

Tamén elaboramos o noso primeiro mapa conceptual recollendo así toda a información:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...