Saltar ao contido principal

RONI CONVIDA A PASAR UN SAMAÍN MOI INTERESANTE.....





ELABORAMOS UHNA SERIE DE ACTIVIDADES PARA QUE PASEDES UN RATIÑO CON MOITO MEDOOOOOO.......

UN PASEO TERRORÍFICO....





HABÍA UNHA VEZ UN CASTELO ENFEITIZADO......
ONDE VIVÍA UNHA MEIGA QUE PASEABA POLO SEU XARDÍN ENRIBA DA
SÚA VASOIRA




E PASEANDO PASEANDO ATOPOU UN CASTELO EN RUÍNAS....



OUTRO CASTELO ONDE VOABA UN DRAGÓN CON DÚAS CABEZAS....


OUTRO CASTELO CUN CEMITERIO ONDE BAILABA UN DRÁCULA....


E OUTRO CASTELO MÁIS ONDE ATOPOU UNHA MALVADA CABAZA.....


Ó FINAL DO PASEO, DESCUBRIU MÁIS E MAÍS CASTELOS CUN MORCEGO....QUE ERA O CONDE DRÁCULA AGOCHADO NA LÚA CHEA.



POLA PORTA DO CASTELO SAÍRON PANTASMAS DE GRANDES E AFILADOS DENTES ACOMPAÑADOS DE CABAZAS CON LUZ QUE SE MOVÍAN ASUSTANDO A POBRE MEIGA!!!!

...................................................................................................................................................................
PREPARAMOS UN CALDIÑO PARA TOMAR NAS NOITES DE TREBOADA

INGREDIENTES:

- 1 BABOSA
- VERMES NEGROS E PELUDOS
- ARAÑAS GORDAS
- COLA DE LAGARTO
- UÑA DE DRAGÓN
-OLLOS DE DINOSAURO
- ANAQUIÑOS DE CABAZA
- MORCEGOS NEGROS
- NARIS DE CAMELO  
- 7 DENTES DE CROCODILO
- ORELLAS DE XIRAFA
- MOITOS PELOS DE LEÓN
- BIGOTE DE GATO
- LINGUA DE CAN
- ALETA DE TIBURÓN
-ESTRELIÑAS
-PATAS DE SAPO
-MANS DE MONSTRO. 
MEZCLAR TODO BEN CUN POUQUIÑO DE SAL, ZUME DE LARANXA E LIMÓN. ESPERAR A FERVER. DEIXAR REPOUSAR. LISTO PARA TOMAR!!!
..........................................................................................................................................................
 OS NENOS E NENAS RECOMENDAN........








Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.  ...

OS PROXECTOS DE AULA DOS NENOS E NENAS DE 1º

  Este curso foron moitas as inquedanzas e curiosidades que nos levaron a indagar en varias temáticas no día a día na aula. Por iso, buscamos nos exemplares da nosa Biblioroni aqueles que necesitábamos para a búsqueda de información sobre obras de Arte( Kandinsky, Picasso, Andy Warhol...),  libros de Rosalía de Castro, de Xela Arias, exemplares sobre paxaros, a auga e glaciares...e un sinfín de libros de consulta que nos axudaron a descubrir datos interesantes, ilustracións para conversar e compartir.... Neste enlace compartimos os nosos proxectos para que se poida ollar como se levaron a cabo co apoio e emprego dos exemplares mencionados. https://drive.google.com/drive/folders/1dmS6mdx609s0eQwCmwruUGzhtTx9sSR1?usp=sharing