Saltar ao contido principal

BUSCANDO TESOUROS DE OLI

Este curso embarcámonos nunha gran viaxe. Fixemos varias rutas para descubrir lugares impresionantes.....Os nenos de Infantil atracamos os nosos barcos na ría para poder coñecer a un escritor da nosa vila de Cangas....OLI. Decidimos ir buscar os seus libros á nosa Biblio. Realizamos varias actividades relacionadas cos seus contos (actividade que se pode ver nunha entrada anterior neste mismo blog).


Como lles gustou tanto o PIRATA PATA DE LATA, non dubidamos en poñer pano na cabeza e con gañas de buscar tesouros, organizamos un xogo de busca de tesouros coa axuda da nosa mestra de psicomotricidade convertimos o ximnasio nunha ruta moi aventureira, na que cada tripulación debería ir na procura dos tesouros de OLI.
De estación en estación, entonando a  nosa canción  favorita TODOS SOMOS CAPITÁNS, do conto A Nena e o grilo nun barquiño de Magín Blanco, realizamos  a seguinte ruta... OLLADE!!!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

FACENDO CAMIÑOS

No primero obradoiro de arte partimos da dramatización da historia da curtametraxe "Rita et cocodrile" (FIC Bueu 2019). Durante o proceso os nenos/as vivenciaron  e crearon liñas e camiños con diferentes materiais, finalizando coa elaboración dunha obra colectiva da corrente artística contemporánea Land-Art. Foi un agasallo dos nenos/as para os seus familiares que se elaborou e permaneceu, ata a intervención dos sucesivos grupos, no recentemente creado ESPAZO PARA FAMILIAS .                

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e