A través dun vídeo, Roni explica aos nenos/as de infantil que ten un agasallo para eles, un conto titulado "Érase una vez un niño comepalabras", donde se fai unha presentación de cinco emocións básicas.
Roni enterouse de que no cole estabamos a traballar sobre as emocións e por iso nos trouso un agasallo.
Tivemos que ir ao patio a buscalo!
Era unha caixa que estaba na casiña e tiña un conto chulísimo...
Na aula de 1º, contamos cun espazo propio adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo. Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta) EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.
Comentarios
Publicar un comentario