Saltar ao contido principal

Tertulia literaria 5º - 6º libro Maite Carranza

   Pedimos a colaboración do CEIP de Quintela para conseguir un exemplar para cada neno/a do libro de Maite Carranza “Queres se-lo mozo da miña irmá?”. Tra-la lectura do texto, os alumnos de 5º e 6º, contestaron individualmente ás seguintes cuestións que buscan a súa reflexión sobre o libro. 


 Posteriormente, na biblioteca fixemos a tertulia literaria entre todos e todas, realizando unha análise do texto.

Estas sonas preguntas que se plantexaron durante a tertulia:







Tertulia literaria

Queres se-lo mozo da miña irmá?, de Maite Carranza

Para prepararte para a tertulia, reflexiona individualmente e por escrito:

  • Interesouche o libro? Marca a túa resposta:
    Moito Bastante Pouco Nada
Por que?

  • Que personaxe che gustou máis e por que?
    - Cal che gustou menos? Por que?
    - Como son os personaxes? Di as súas características máis relevantes:
    Nai:
    Pai:
    Sonia:
    Antonieta:
    Cenoria:
    • Cres que teñen que ver coa realidade ou son esaxerados?

- Hai algún personaxe que evolucione ó longo da historia? Quen e por que cres que evoluciona?

  • Que che parece a forma de contar a historia da autora, Maite Carranza?
  • Quen é o/a narrador/a? En que persoa está contada a historia?
  • Hai momentos humorísticos na historia, por que cres que a autora utilizou o humor? Para que lle serve?
  • Hai moitos tipos de textos (novelas, contos, cartas, noticias, cómics, poemas, receitas, obras teatrais...) Imaxinas esta historia contada mediante outro tipo de texto? Cal? Por que che parece axeitado para contar esta historia?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.