Saltar ao contido principal

Tertulia literaria Nicolasiño 5º 6º

   En 5º e 6º fixeron unha lectura conxunta deste divertido libro que narra as cómicas aventuras de Nicolás, un neno francés duns sete ou oito anos. 

   O seu escritor e tamén o seu ilustrador son coñecidos ademais por algún dos títulos de Asterix e Ovelix ou Lucky Look.


Na tertulia tratáronse preguntas como:
  1. Cales cres que son os personaxes proincipais do Nicolasiño e descríbeos segundo os seus actos e accións?.
  1. En que época pensas que está situada a acción?
  2. Que diferencia atopas entre esa época e a actual? (os neos, o colexio, as relacións, os xogos...)
  3. Conta unha das historias que máis gracia che fixo e explica o porqué.
  4. Describe a relación entre o pai de Nicolás e o seu veciño. Contas algunha consecuencia desta relación que afectase directamente a Nicolás.

Comentarios