Saltar ao contido principal

CHARLAS PARA TODOS NA NOSA BIBLIO


·         CHARLA CRYSALLIS
Adicamos unha xornada á identidade e á diversidade sexual. Contamos coa colaboración da Asociación Crysallis que nos ofreceu distintos obradoiros para o alumnado durante a mañá, e unha charla para profesorado e familias  pola tarde, que resultou moi interesante e enriquecedora.

·         CHARLA ROBERTO MAQUIEIRA
Dentro do Plan de Formación que temos no centro, este ano ofrecemos por primeira vez formación ás familias.O Orientador Roberto Maquieira, na súa ponencia “Como aprenden os nosos fillos” foi describindo como se produce o desenvolvemento cerebral dos nenos e nenas e cales son as pautas educativas máis axeitadas en cada momento. 


·         XORNADAS INTERCULTURAIS
Dentro das Xornadas Interculturais organizadas todos os anos polo Concello de Cangas, contamos con diversas propostas en función das distintas idades.

Os de 3º tiveron un contacontos ofrecido por Solidaridade Internacional de Galicia que baixo o título “As outras viaxes de Irene” pretende favorecer o coñecemento doutras culturas e afianzar os valores de cooperación, tolerancia e respecto á diversidade.

Para os de 4º houbo outro contacontos solidario ofrecido por Anxo Moure: “Contacontos con Mohamed”.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.

O DÍA DE ROSALIA