Saltar ao contido principal

ANIMACIÓN A LECTURA ESPERTANDO TÓDOLOS SENTIDOS



ESTE CURSO EMPREGANDO DIFERENTES CONTOS COMO PROVOCACIÓN, INTRODUCIMOS A EXPERIMENTACIÓN DOS NOSOS SENTIDOS E A NOSA PROPIOCEPCIÓN CORPORAL A TRAVÉS DE ACTIVIDADES MANIPULATIVAS RELACIONADAS COAS HISTORIAS DOS MESMOS.













OS ALUMNOS DE 3 ANOS EXPERIMENTARÓN COS SEGUINTES CONTOS:









“GATIÑO E A NEVE”,  unha serie de propostas para que xogando, experimentemos os cambios de temperatura, elementos propios desta estación, animais que viven en augas frías , nas montañas


























" A EIRUGA LARPEIRA"

Coincidindo coa nosa primeira semana de “Froita na escola”, eleximos o conto da Eiruga Larpeira .

Comezamos por contalo e logo experimentamos: tocar, ulir, sentir as froitas reais e as de fieltro que temos na Cociña do espazo do xogo simbólico, que nos permitirá facer comparacións nas texturas, no peso…
Coa nosa balanza da Cociña, pesamos e observamos o que sucede.


 o conto co seu material para que os nenos o teñan a súa disposición no Rincón da calma- Biblio para que experimenten e recreen a historia da eiruga.








 " VEGETAL COMO TE SIENTES"


Nesta ocasión, indagamos nos sentimentos, de como nos sentimos ante determinadas situacións, como nos atopamos neste momento…e imos amosando as láminas do conto. Imos a nosa Cociña e collemos parte dos nosos vexetais e froitas de fieltro que temos para elaborar os nosos menús. Os colocamos na cesta xunto co conto e o colocamos no noso Ambiente da Calma- Biblio.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.