Saltar ao contido principal

FAROVELLOS NA RÚA




Como cada ano, Roni se anima a vestirse para dar as consignas aos nen@s. Así de guapo e atrevido se deixou ver nesta ocasión.



Dende a Biblioteca propúsoxe a traballar o CARTEL como texto. Estos carteis tiñan que anunciar o Entroido do cole, que celebramos á maneira tradicional da nosa zona do Morrazo. Leva por nome “FARROVELLOS NA RÚA”.
Este entroido consiste en disfrazarse con roupas vellas que temos nas casas e participamos toda a Comunidade Educativa.
Estos carteis, feitos por todas as aulas, formaron parte dunha exposición na entrada do cole, anunciando uns días antes o acontecemento.

N Neste Entroido participa toda a comunidade educativa propoñendo diferentes obradoiros tradicionais da nosa zona, para que os rapaces/as as coñezan. Entre esos obradoiros temos: Preparación e degustación de filloas, Xogos populares,... 










Tam 


 DeDena aula de música os rapaces de 5º e 6º de primaria elavoran unha Copla utilizando unha canción tradicional galega como base de traballo. Este ano utilizamos a canción “Se chove deixa chover”. Todos os nenos/as, profes e familias a cantamos xuntos.



Out Outra das tradicións é a creación da xardiña polos alumnos/as de 6º e a ceremonia de devolvela ao mar, propia tamén da zona do Morrazo.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.