Saltar ao contido principal

CARTA DE RONI LETRAS GALEGAS 2020





  
 Cangas, 5 de maio do 2020. 

Ola rapaces/as!!!

O motivo de escribir esta carta é que para a vindeira semana é o Día Das Letras Galegas, que como sabedes se celebra todos os anos o 17 de maio.



Este ano é adicado a Ricardo Carballo Calero e aínda que este curso vaise celebrar oficialmente en outubro, xa que non estamos agora no cole para poder pasalo xuntos/as, dende a Biblioteca queremos adicar a semana que ven a esta data tan especial como é celebrar a NOSA LINGUA.

Para iso propóñovos crear entre todos/as UNHA RÚA DE PALABRAS que unha a unha forme un camiño de unión entre a nosa comunidade educativa (nenos/as, familias e profes).
Só tedes que pensar en unha palabra que vos guste especialmente en galego e enviala no formato que vos sexa máis doado: escrita e decorada nun folio e facerlle una fotografía, en video dicindo a palabra eleixida, pode ser tamén debuxada, sós ou en familia.

As palabras que enviedes serán para construir a Nosa Rúa e publicala no blogue da Bilbioteca.

Por último, apetécevos poñerlle nome a nosa rúa ????
Pois mandarme as vosas ideas!!!

Será unha rúa moi ESPECIAL E ÚNICA.

Podedes mandar as vosas creacións ao seguinte correo: biblioteca.arua@gmail.com

Moito ánimo, coidarvos moito e vémonos pronto.
Un bibliosaúdo.Roni.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.