Saltar ao contido principal

SEMANA DO DÍA DO LIBRO: " QUERIDO AMIGO CERVANTES".

NESTA OCASIÓN QUIXEMOS ADICARLLO A CERVANTES E A SÚA GRAN OBRA DE CABALLERÍAS.................................................................................................................................







 1. CINE NA BIBLIO PARA VER CAPÍTULOS DE Dº QUIJOTE





 2. DEBUXAMOS A CERVANTES.




 3. ELABORAMOS MARCAPÁXINAS. RONI, CERVANTES E SHAKESPEARE.



 4. POEMA A Dº QUIJOTE.
 5. RECITAL DE POEMAS VARIADOS .


6. PARA FACERNOS XIGANTES NA BIBLIO, INVESTIGAMOS E RECOLLEMOS INFORMACIÓN........

COUSAS DE D. QUIJOTE:


  • O SEU VERDADEIRO NOME É ALONSO QUIJANO.
  • VOLVEUSE TOLO DE TANTO LER E POUCO DURMIR.
  • PENSABA QUE TODO O QUE LÍA ERA VERDADE.
  • VIVÍA COA SÚA AMA E A SÚA SOBRIÑA
  • ESTABA MOI FRACO.
  • QUERÍA SER CABALEIRO E VIVIR AVENTURAS.
  • VESTÍA UNHA ARMADURA VELLA, ERA A DOS SEUS BISAVÓS.
  • AO SEU CABALO, QUE ESTABA MOI FRACO, PÚXOLLE DE NOME ROCINANTE.
  • TIÑA UN GALGO PARA IR DE CAZA, TAMÉN ESTABA FRACO.
  • O VERDADEIRO NOME DA SÚA AMADA DULCINEA ERA ALDONZA LORENZO.
  • TIÑA UN ESCUDEIRO CHAMADO SANCHO PANZA, ESTABA GORDO.
  • AS SÚAS AVENTURAS ERAN MOI DIVERTIDAS.
  • PENSOU QUE OS MUÍÑOS DE VENTO ERAN XIGANTES E LOITOU CON ELES.
  • PENSOU QUE UNHA BACÍA ERA O “YELMO DE MAMBRINO”
  • SOLTOU AOS ENCADEADOS QUE ÍAN REMAR ÁS GALERAS E DÍXOLLES QUE FORAN AO TOBOSO DICIRLLE A DULCINEA QUE ERA A DAMA MÁIS FERMOSA.
  • ESTABA DURMINDO NUNHA VENTA E PELEXOU COS COIROS DE VIÑO PENSANDO QUE ERAN XIGANTES.
  • LOITOU CONTRA O CABALEIRO DOS ESPELLOS.
  • O ESCUDEIRO DO CABALEIRO DOS ESPELLOS LEVABA UN NARIZ POSTIZO.




TAMÉN INVESTIGARON COAS FAMILIAS....

DON MIGUEL DE CERVANTES É O AUTOR DA NOVELA “EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA”
NACEU EN ALCALÁ DE HENARES (MADRID) NO ANO 1547. FOI SOLDADO E PARTICIPOU NA BATALLA DE LEPANTO E FERÍRONO NUNHA MAN POR ISO LLE CHAMARON “MANCO DE LEPANTO”
PASOU CINCO ANOS NA CADEA, INTENTOU ESCAPARSE CATRO VECES.
ESCRIBIU O QUIJOTE SÓ CUNHA MAN.
TAMÉN ESCRIBIU NOVELAS, POESÍA E TEATRO.
ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS:
  • RINCONETE E CORTADILLO
  • LA GITANILLA
  • LA ILUSTRE FREGONA
CASOU CON CATALINA DE SALAZAR.
MORREU EN MADRIS O DÍA 23 DE ABRIL DO ANO 1616. AGORA O 23 DE ABRIL É O DÍA DO LIBRO PORQUE TAMÉN MORREU OUTRO ESCRITOR IMPORTANTE.


7. LECTURA COLECTIVA DA OBRA DE CERVANTES.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.