- COMO MOLA TU ESCOBA!. MACMILLAN
- COLEC. BAT PAT.
- LA BRUJA BRUNILDA. BLUME
- A BRUXA REGAÑADENTES. OQO.
- CUENTOS DE BRUJAS. SUSAETA.
- O BAÚL DOS MONSTROS. BAÍA.
- TODOS MIS MONSTRUOS. S.M.
- GERÓNIMO STILTON. TRECE FANTASMAS PARA TENEBROSA. DESTINO.
- EL HOMBRE LOBO. LABERINTO.
- O GRAN LIBRO DOS MEDOS DO RATO PEQUENO. PATAS DE PEIXE.
UNHA PROPOSTA PARA QUE OS NOSOS LECTORES PASEN UNHA FIN DE SEMANA DO MÁIS TERRORÍFICA!!!.
RONI TAMÉN LLE PROPUXO ÓS NOSOS USUARIOS UNHA SERIE DE ACTIVIDADES....
A RESPOSTA DE RONI...
TAMÉN CON PLUMA MOI TENEBROSA, OS RAPACES E RAPAZAS FIXERON UNS CONTIÑOS....
NA CLASE DE INFANTIL INVENTAMOS ESTE CONTO DE MEDO!!!.
OS NENOS DE PRIMARIA INVESTIGARON SOBRE O SAMAÍN...
- A palabra “Samaín” procede de “Samhaín”, termo gaélico que significaba final do verán.
Era unha festa pagana, non relixiosa, dos celtas. Xurdiu por primeira vez en Irlanda.
- O calendario celta dividíase en dúas metades. A metade escura comezaba no mes de Samonios (outubro e novembro) e a metade clara no mes de Giamonios (abril e maio). Do 31 de outubro ó 1 de novembro celebraban o fin de ano, coincidindo co final da colleita. Era ó final do verán e o comezo do novo ano que coincidía co inverno. Os celtas acumulaban nestas datas os alimentos para o inverno e tamén sacrificaban animais.
- Os pobos celtas que poboaron Europa (Galicia, Irlanda, parte de Gran Bretaña) levaban celebrándoo 3000 anos. Dende o ano 100 d.C. celébrase o 31 de outubro.
- O 31 de outubro os druídas (sacerdotes, médicos, xuíces e profesores) recollían as bagas do acivro cunha fouce de ouro. A fouce era de ouro porque os celtas considerábano un metal puro. Poñían as bagas nun caldeiro ou manto branco que o sostiñan outros dous druídas. Estas bagas tiñan poderes curativos para o poboado e para as súas pocións máxicas. Os druídas tamén ían esa noite polas casas pedindo alimentos para facer ofrendas e levaban con eles un nabo oco polo medio e con carbóns acendidos dentro.
- Nesta noite, o 31 de outubro, as almas dos mortos atravesaban a porta que separaba o mundo dos vivos e dos mortos, para que a xente puidera reunirse cos seus antepasados falecidos. Poñían as caveiras dos inimigos nas portas das casas cunha candea dentro para espantar aos malos espíritos. Tamén amontoaban as caveiras dos seus mortos e dos seus inimigos e pintábanas.
- Ninguén podía saír do pobo esa noite pois os espíritos dos mortos viñan visitar ás súas familias e comer os alimentos que lles tiñan preparados con cariño os parentes. Mesmo lles deixaban un servizo na mesa e unha cadeira libre. Viñan quentarse á calor do lume da lareira (que quedaba aceso toda noite) e non varrían o chan para non afastar ás ánimas.
NA HORA DE LER TAMÉN TIVEMOS SESIÓN CONTACONTOS.
NESTE CASO, OS RAPACES DE PRIMARIA FORON A INFANTIL PARA INTENTAR FACERNOS TREMER COA.....
A VERDADE E QUE NOS AUSTAMOS SÓ UN POUQUIÑO. GRACIÑAS OS DOUS COMPIS PORQUE NOS GUSTOU MOITÍSIMO!!!:
POIS CON ESTA PROPOSTA TAN TERRORÍFICA ESPERAMOS QUE NON VOS ASUSTARADES DEMASIADO E QUE AÍNDA VOS QUEDEN GANAS DE COLLER UN LIBRO QUE RECOMENDAMOS PARA PASAR UN MOMENTO ENTRETIDO .....
Comentarios
Publicar un comentario