Saltar ao contido principal

Presentamos "Deixando atrás", o noso documental do proxecto Cine en Curso

Os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria estamos moi pero que moi orgullosos de presentarvos o noso traballo do proxecto de Cine en Curso do 2014-2015, o documental titulado "Deixando atrás" que ofrece a nosa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60.

Antes de máis nada aquí tedes o resultado final. Invitámosvos a gozalo.

 


ÍMOSVOS CONTAR COMO CHEGAMOS ATA AQUÍ:

No curso 2014-2015 solicitamos e foinos concedido un proxecto de Cine en Curso para elaborar un documental sobre as migracións, aproveitando que o tema núcleo do noso centro para este curso versa sobre As Viaxes. O traballo que fomos desenvolvendo durante este curso quedou rexistrado no Blog reservado para o CEIP A Rúa, que pon á nosa disposición a organización de Cine en Curso. Na Site Sempre en Cangas rexistramos o Diario de aula, que recolle todo o proceso de formación e todas as actividades que fomos desenvolvendo relacionadas co proxecto, ata concluír na elaboración do documental "Deixando atrás".

  A seguir presentámosvos algúns dos momentos estelares da presentación do noso documental:

1) Estrea do documental no CGAI, en A Coruña. 
 
O día 12 de xuño os participantes dos obradorios anuais de documental presentaron no CGAI os catro filmes realizados neste curso en Galicia. Despois de cada proxección, o grupo presentou o proceso de creación e iniciouse un diálogo con outro grupo que previamente viu e analizou a súa curtametraxe.
  Un momento da estrea no CGAI
  

2) Estrea do documental en Cineteca de Madrid. 
 O día 16 de xuño os alumnos do Colexio Lourdes-Fuhem (Madrid), o Colexio Montserrat-Orcasitas (Madrid), o CEIP A Rúa (Cangas), a Escola de Bordils (Bordils), o Institut Bellvitge (L’Hospitalet de Llobregat) e o Institut Milà i Fontanals (Barcelona) estrean as súas películas na Cineteca de Madrid.
Un momento da estrea na Cineteca de Madrid
 Os nenos co director de cine Fernando Trueba

3) Presentación do documental ás familias dos nenos e nenas de 5º de Primaria no CEIP A Rúa.


Un momento da estrea no CEIP A Rúa


En novembro, cando veñan os alumnos/as de Toledo e Bordils, contamos con facer a estrea no Auditorio para o resto do centro e para todas as persoas que queiran compartir connosco este emocionante momento. Será unha festa audiovisual na que se exporán traballos dos tres centros educativos.



4. Making Off (Imaxes)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.    " PROPÓÑOVOS QUE CADA UN DE VÓS ELABOREDES, COA AXUDA DE PAPI E/OU MAMI, UN MENÚ EQUILIBRADO ONDE TEÑA QUE HABER ALGÚN PROCESO DE COCCIÓN (NA

FACENDO CAMIÑOS

No primero obradoiro de arte partimos da dramatización da historia da curtametraxe "Rita et cocodrile" (FIC Bueu 2019). Durante o proceso os nenos/as vivenciaron  e crearon liñas e camiños con diferentes materiais, finalizando coa elaboración dunha obra colectiva da corrente artística contemporánea Land-Art. Foi un agasallo dos nenos/as para os seus familiares que se elaborou e permaneceu, ata a intervención dos sucesivos grupos, no recentemente creado ESPAZO PARA FAMILIAS .