Saltar ao contido principal

VIAXANDO POLA BIBLIO... EDUCACIÓN DOCUMENTAL

Nas diversas actividades que se levan amosando ata o momento que fan referencia ao tema núcleo e en relación co noso proxecto intercentros con Toledo e Bordils sobre os medios audiovisuais, xorde a necesidade de fomentar no alumnado a procura de información para indagar nos contidos que descoñecen, completar conceptos, comprobar se os seus coñecementos previos se confirman, etc. 

Comeza así unha viaxe pola nosa Biblio, polos nosos fondos, descubrindo exemplares, a súa ubicación, recollida de datos, postas en común... un traballo que se realizará mediante grupos cooperativos para potenciar aprendizaxes significativas, de consensos e acordos, de colaboración no traballo na que os nenos son os protagonistas principais. Comezamos a traballar a Educación Documental cos nosos alumnos/as.

O alumnado de 5º de Primaria comeza coa busca de información para completar algúns apartados do seu proxecto das Etapas da Historia e sobre os Restos prehistóricos da nosa provincia de Pontevedra. 
De seguido vos amosamos o proceso que seguiron os nosos investigadores.... 


"Documentámonos na Biblioteca"
Que ben que visitedes a miña morada, a biblioteca!! 
Agora comeza a fase de documentación. Hai que comprobar se esas hipóteses previas son verdadeiras. Teredes que facer o que segue:
  1. Buscaredes libros na Biblioteca relacionados coa Prehistoria.
  2. Crearedes na aula un recuncho da Viaxe no tempo para gardar e expoñer todo o material.
  3. Manexaredes os índices, sinalando (en fotocopias dos mesmos) que apartados poden ser útiles.
  4. Anotaredes a Bibliografía.
VEÑA, GRANDES HISTORIADORES/AS!!!
Traballo de aula
Busca de información na Biblioteca



.


Ver tamén en DOCUMENTACIÓN PROXECTO VIAXANDO NO TEMPO

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre todos e ...

RONI CONVIDA A PENSAR...

  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E A OFRECERLLE A RONI RESPOSTAS  CURIOSAS (Pinchade na opción de COMENTARIOS para dar a vosa reposta)       EN BREVE, DAREMOS A SOLUCIÓN.