Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2009

NOVIDADES NA BIBLIOTECA!!!

O incrible neno devorador de libros !!! A Henry encantábanlle os libros, pero non como a ti e a min, non.... a Henry encantáballe COMER libros!!! O autor deste libro é Oliver Jeffers E a adaptación ao galego é de Óscar Villán e Antón Suárez. O libro ten 31 páxinas e podes atopalo na Biblioteca de A Rúa. Ah... IMPORTANTE!!! Este é o primeiro libro dunha nova editorial galega que empeza con ganas de facer as cousas ben. Celebramos o bo comezo e desexamos moitos éxitos a www.patasdepeixe.com

VISITOUNOS LAURA SÁEZ

O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos. Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans. Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como "Tarzán de goma", "Mago por correspondencia",... e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter. Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, "Harry Potter e as reliquias da morte". Non a deixamos marchar sen que nos asinara autógrafos e dende logo, sen que nos deixara a súa dedicatoria nos nosos libros, incluído o da Biblioteca. Nós fixémolle uns agasallos, algún de moito valor porque non se pode atopar nas tendas, o libro que escribimos entre

As historias de amor de Roni e Carapuchiña xigante

Estas son as dúas propostas de historias de amor que se nos ocorreron para ti, Roni. Gustaríanos que nos deras a túa opinión. Estamos abertos/as a calquera suxestión. Pedimos tamén a colaboración de todo o cole para que acheguen novas ideas. Un bico de xeado de amorodo para ti e o teu amor. Roni e Carapuchiña xigante namóranse View more presentations from ceiparua . Roni e Carapuchiña xigante namóranse nadando View more presentations from ceiparua .

Unha proposta para ti, Roni

Os nenos e nenas de 5 anos escribimos un novo capítulo do teu libro As pegadas de Roni , que estamos seguros que che vai gustar porque fala da túa historia de amor con Carapuchiña Xigante . Hai dúas versións, non sabermos cal nos gusta máis, é difícil elixir :-/ Propoñémosche que o publiques no teu blog, O r ecanto de Roni , por fa, faríanos moita ilusión :-) Grazas, Roni . P.D.: Dálle un bico da nosa parte a Carapuchiña Xigante.

Unha visita moi especial

O luns de ENTROIDO, o escritor cangués Oli veu á nosa Biblio para contarnos os seus contos. Recibímolo con moita alegría e cunha pequena exposición feita polos nenos/as, onde indagamos sobre a súa obra. Mención aparte merece "O PIRATA PATA DE LATA" sobre o que fixemos varias actividades. Ademais démoslle unha pequena "sorpresiña pirata" que constaba dunha mensaxe dentro dunha botella, nela dábase unhas pistas para atopar un agasallo: o CONTO de RONI, feito polos alumnos e alumnas de A RÚA. A expectación era máxima. Esperabamos ansiosos o que sairía da súa maleta máxica.