Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2011

INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIO.

A NOSA INAUGURACIÓN GHEGOU POR FIN!!!. O DÍA ANTERIOR, RONI MANDOU UNHA NOTIÑA SORPRESA A TODAS AS AULAS COMUNICANDO QUE Ó DÍA SEGUINTE ALGO TERRORÍFICO ÍA PASAR. O VENRES POLA MAÑÁ, RECIBIRON UN SOBRE CON INSTRUCCIÓNS: DEBERÍAN DE RESOLVER UN ACERTIXO EN FORMA DE QUEBRACABEZAS E UNHA VEZ RESOLTO DIRIXIRSE Ó LUGAR AXEITADO. E ASÍ O FIXERON TODOS. ALUMNOS/AS E MESTRES/AS PRESENTÄRONSE NA BIBLIO CON CARAS DE MEDO, INCERTIDUME. PRONTO DESCUBRIRON QUE SE TRATABA DUNHA CITA MOI MOI ESPECIAL... RONI TAMÉN ESTÁ PREPARADIÑO. DA MEDO!!!. CON MOITA ILUSIÓN BAIXAN OS RAPACES DIRIXÍNDOSE Á BIBLIO. ¿ QUE PASARÁ?. UN ESQUELETE PASEA POLO CORREDOR PARA INVITAR A TODOS A QUE ENTREN. A BIBLIO ESTÁ MÁIS TERRORÍFICA QUE NUNCA. UUUUUHHHH!!!. COMEZADE A TREMER!!!. E TODOS OS ASISTENTES FORON PASANDO PARA METER NA POTA O SEUS MEDOS( ESCRITOS NUN PAPEL).... UN EQUIPO DE MEIGAS QUE FORON AS ENCARGADAS DE ORGANIZAR ESTE EVENTO TAN TERRORÍFICO,AXUDARÁN A QUE OS NOSOS MEDOS DESAPAREZAN P…

OS TRES PORQUIÑOS...

HUGO DE 2º DECIDIU PREPARAR ESTE CONTO TRADICIONAL E QUE TANTO SEGUE GUSTANDO ÓS NENOS/AS.NA NOSA BIBLIO E COINCIDINDO COA HORA DE LER, TODO/AS GOZARON CON SEU CONTO.

LUNA CONTA...

UNHA NENA DE 3 ANOS DECIDIU PREPARAR UN CONTIÑO PARA CONTARLLO ÓS SEUS COMPAÑEIROS NA HORA DE LER. FOI FANTÁSTICO!!!. A VER SI SE ANIMAN MÁIS NENOS E PODEMOS GOZAR DA SÚA ARTE DE CONTAR.

CANDELA ESCRIBE...

COMO XA PUIDESTEDES COMPROBAR UN CONTO PARA REFLEXIONAR SOBRE OS MEDOS...NORABOA CANDELA!. BIQUIÑOS DE RONI.

RECORDANDO A GARCÍA LORCA

View all
Get your own
CON POESÍA DE FEDERICO GARCÍA LORCA, OS ALUMNOS/AS DE 2º QUIXERON RECITARNOS ALGÚN POEMIÑA DO AUTOR. " EL LAGARTO ESTÁ LLORANDO", CON MOI BOA ENTONACIÓN, ESCENIFICACIÓN ESTES RAPACE/ZAS PROMETEN!!!. DESTE XEITO, OS PEQUES DE EDUC. INFANTIL NON QUIXEMOS PERDEN ESTE SINGULAR RECITAL. XA ESTAMOS ESPERANDO POR MÁIS!!!.  RONI ESTÁ MOI CONTENTO DE QUE VISITEDES O SEU RECANTO CON ESTA ARTE!!!. PARABÉNS PARA TODOS/AS E MOITAS APERTAS DE RONI.



CÓNTAME UN CONTO!.

OS NENOS/AS DE 2º COMEZARON ESTA ATRACTIVA INICIATIVA QUE DENDE A NOSA BIBLIO QUEREMOS DARLLE A NORABOA POR ESA ARTE DE CONTAR, OS CONTIÑOS QUE ELIXEN, COMO SÓ ELES/AS SABEN FACER. BIQUIÑOS DE RONI

UN TOQUE DE COLOR....

EMPREGAMOS A COR VERMELLA PARA OS LIBROS DE 1º CICLO.

COR AZUL PARA OS PEQUES DE EDUC. INFANTIL.


COA COR VERDE SEÑALAMOS OS LIBROS DE 2º CICLO.

COR AMARELAPARA OS LIBROS DE 3º CICLO.


SECCIÓN DE POESÍA E TEATRO COA COR ROSA.

SEGUIMOS TRABALLANDO PARA QUE A NOSA BIBLIO ESTEA CADA VEZ MÁIS BONITA E PREPARADA PARA DARLLE USO.
NESTA OCASIÓN ETIQUETAMOS ESTANTES DA MESMA COR QUE TEÑEN OS LIBROS QUE ESTÁN AÍ COLOCADOS. AS CORES OBEDECEN AS QUE ESTÁN ESTABLECIDAS POLA CDU. COMO XA COMPROBAREDES, RONI TAMÉN SE VESTIU DA COR CORRESONDENTE EN CADA CASO. COMO UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS,ESPERAMOS QUE DESTE XEITO OS NENOS/AS NON TEÑAN PROBLEMAS Ó BUSCAR E COLOCAR OS LIBROS QUE LLE INTERESAN.

UNHAS PEGADAS MISTERIOSAS...

APARECEN POLO 2º ANDAR DO NOSO COLE. AQUÍ PODEMOS COMPROBAR QUE SON VERDES E AMARELAS. ¿ QUE REPRESENTARÁN?. SEGUIMOS A PISTA A VER QUE DESCUBRIMOS...!!!.







E TAMÉN UNHAS VERMELLAS APARECEN POR ESTE LADO DO CORREDOR....



PARECE QUE SE XUNTAN TODAS: VERDES, AMARELAS E VERMELLAS. ¿ DE QUEN SERÁN ESTAS PEGADAS?. SEGUIMOS INVESTIGANDO....





BAIXAN Ó PRIMEIRO ANDAR...A ONDE SE DIRIXIRÁN!!!.







SEGUÍMOLAS E PARECE QUE ENTRAN NA BIBLIO!!!.

PEGADAS ROSAS PARA A POESÍA E TEATRO.


PEGADAS VERDES E AMARELAS PARA 2º E 3º CICLO RESPECTIVAMENTE.



PEGADAS VERMELLAS PARA A SECCIÓN DE 1º CICLO.



PEGADAS AZUIS PARA INDICAR A SECCIÓN DE EDUC. INFANTIL.

PARECE QUE OS NENOS/AS DESCUBRIRON QUE SON DO NOSO QUERIDO RONI. AS SÚAS CORES PERTENCEN A CLASIFICACIÓN DOS LIBROS E CONTOS POR CICLOS QUE ESTABLECE A CDU. DESTE XEITO, QUEREMOS QUE OS NOSOS PEQUENOS USUARIOS/AS DESCUBRAN CALES SON AS SÚAS SECCIÓNS NA BIBLIO, OS SEUS LIBROS PARA LER, ONDE COLOCALOS NO CASO QUE APAREZAN FÓRA DE SITIO... A VER SE RONI CONSEGUE FORMAR USUARIOS…