Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2014

RONI REUNE OS PROFES

Roni a mascota da biblioteca, convocou a tódolos profes a unha xuntanza para propoñerlles celebrar o  "Día da Biblioteca", co fin de difundir  a súa potencialidade como factor de calidade do ensino cunha chamada á realización de actividades que servisen para facer visible a biblioteca no centro. ACTIVIDADES BIBLIOTCA DE CANGAS Este curso o cole festexa este día convertíndo a nosa biblioteca nun espacio viaxeiro. Queredes ver o resultado? ............. Ollo piollo!

CARTA DE RONI

Cangas, 14 de outubro do 2014. Ola rapaces/as !!! Hai moito tempo que non escribo unha carta para falar con vós. O motivo é que necesito que me axudedes. Todos os anos montamos, no punto de lectura que temos na planta baixa, un rincón relacinado co tema núcleo. Como sabedes, este ano será un rincón viaxeiro, onde estarán todos os libros que temos na Biblio relacinados con este tema. Pois   esta é a miña petición. Se vos ocorre algún título ou lema para este rincón? Chegade a un consenso entre tod@s e cando o teñades o deixades no buzón de suxestións que hai na porta da Biblioteca. Sin máis, despídome. Un bibliosaúdo.Roni.