Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2016

RONI PARTICIPA NA DECORACIÓN DE NADAL

O Concello de Cangas pediu a colaboración para decorar as rúas e prazas do pobo, e Roni tamén estivo presente.  Decidimos reutilizar as garrafas de auga, nas que se metían mensaxes ou dexesos emocionantes para o Nadal. Roni invitou a todos os usuarios a escribir títulos de libros que provocaran algunha emoción. Aquí están todas as garrafas que decoramos entre todo o cole.

Recomendacións para o Nadal

Charla da Garda Civil sobre Seguridade en internet.

A Garda Civil falounos sobre o acoso escolar no colexio e a través da rede. Ó longo da charla contestou ás nosas dúbidas sobre o tema. Este sarxento da Garda Civil de Cangas, especializdo no tema e con ampla experiencia en casos deste tipo, falounos dos perigos das redes sociais, o maltrato entre compañeiros, as vícitmas, os cómplices, os maltratadores que moitas veces tamén son víctimas  e sobre todo das actuacións ante estes casos.

Unha versión do conto "Siete ratones ciegos"

Os alumnos/as de 4 anos preparan un libro-xogo baseado no conto "Siete Ratones Ciegos" de Ed Young, traballado previamente na asemblea. Buscamos imaxes de ratos para saber como é o seu corpo Cada equipo elixe unha imaxe para ter de referencia

Tertulia literaria 5º - 6º libro Maite Carranza

   Pedimos a colaboración do CEIP de Quintela para conseguir un exemplar para cada neno/a do libro de Maite Carranza “Queres se-lo mozo da miña irmá?”. Tra-la lectura do texto, os alumnos de 5º e 6º, contestaron individualmente ás seguintes cuestións que buscan a súa reflexión sobre o libro. 

Tertulia literaria Nicolasiño 5º 6º

   En 5º e 6º fixeron unha lectura conxunta deste divertido libro que narra as cómicas aventuras de Nicolás, un neno francés duns sete ou oito anos.     O seu escritor e tamén o seu ilustrador son coñecidos ademais por algún dos títulos de Asterix e Ovelix ou Lucky Look.

Creación de logotipos

Co fin de elaborar o logo para a cooperativa escolar de 5º e 6º, pedimos a colaboración dun deseñador gráfico que nos veu dar indicacións sobre que tomar en conta á hora de deseñalo. A biblioteca foi o lugar escollido para esta actividade. https://sites.google.com/site/cotitoria1617/home/somos-empresarios-as (Ver apdo. 7)