Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2010

Roni anímavos a ler, mirar, escoitar e cantar na nosa biblioteca

O venres no Auditorio participamos todo o colexio do espectáculo musical "Contos en cantos". Puidemos comprobar in situ que en vivo a voz de Almudena Janeiro segue sendo tan doce como no CD. E, como era de esperar, o éxito rotundo foi para "Cocorico" e "Chocolata".

Roni anímavos a ler, mirar, escoitar e cantar na nosa biblioteca! 


Mariluz Avestruz ten unha magnífica cola. Pola noite, para non esmagala, dorme coa cabeza enterrada e coa cola ao aire. Unha mañá, ao espertar, estira o pescozo e decátase de que non pode mover a cabeza. Mariluz patexa, espernexa, abanea a cola e tira, e tira, e tira… pero a cabeza está atrancada e de aí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda.




Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que MamáGaliña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico sa…