Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2010

CARTA DE RONI

Ola rapaces e rapazas!!!

Fixen unha visita a biblio para ver como avanzan as obras. Por iso vos escribo, para informarvos de que xa queda pouco para poder disfrutar dela.
Para que teñades unha idea e saibades como vai ser, vos mando unha foto a toda cor.





Eu estou moi ilusionado e incluso inquieto por vela acabada e poder recibirvos cos BRAZOS ABERTOS!!!
Pronto nos veremos. BICOS DOCES*
















ÑAM, ÑAM. ¡QUE RICO ESTÁ O HOMIÑO DE MAZAPÁN!!!

A CLASE DAS FROITAS DE 5 ANOS ELABORARON UN HOMIÑO DE MAZAPÁN MOI RICO: CON PAN DE MOLDE E CHOCOLATE DEBUXAMOS A FIGURA DO HOMIÑO. A CLASE DOS LARPEIROS DE 3 ANOS TAMÉN QUIXERON PROBAR. ELES ELABORARON UN HOMIÑO CON PAN DE MOLDE QUE METERON NO FORNO.RECOMENDAMOS A EXPERIENCIA. PARA ABRIR APETITO, MIRADE AS IMAXES. ¡RICO, RICO!







View allGet your own




AS FROITAS DE 5 ANOS RESPONDEN Á CARTA DE RONI

¡ OLA RONI! SOMOS A CLASE DAS FROITAS E GUSTOUNOS MOITO A TÚA CARTA. DE SEGURO QUE ESTARÁS VIAXANDO MOITO( NÓS  PENSAMOS QUE ESTÁS POR CHINA, ITALIA, PORTUGAL, MADRID, GRECIA, MARRUECOS, MOAÑA, VIGO E POR CANGAS...).

CANDO VEÑAS POLO COLE PARA VER AS OBRAS, AVISA QUE IMOS BUSCARTE Ó BARCO. ESPERAMOS VERTE MOI PRONTO PARA IR A MERGULLARNOS E BUSCAR TESOUROS NO FONDO DO MAR.

MOITOS BIQUIÑOS DE FROITA FRESCA. ¡QUERÉMOSTE MOITO!

          AULA DE 5 ANOS

CARTA DE RONI

Que tal rapaces e rapazas?Como foi ese verán?Estando en Cangas,con tanta praia,seguro que xenial!!!

Pero xa me dixeron que o comezo cole foi diferente a outros anos.
Eu,o primeiro dia que cheguei,fun a biblioteca e quedeime de pedra!!!Un obreiro díxome que alí non estaba a biblioteca,que aquilo era UN COMEDOR!!!

Como o ano pasado fomos investigadores píxenme mans a obra,collín o casco,o caderno de campo,para ir tomando nota e a cámara de fotos.

Cando a atopei,o primeiro que fixen foi tomar boa nota para que esteades ao tanto do proceso.Aínda queda moito por facer.Pero non vos preocupedes,mantereivos informados e de seguro teremos,despois do Nadal,unha biblio FANTÁSTICA,CHEA DE LIBROS POR DESCUBRIR!!!

UN BICO MOI DOCE*